É innegable a herdanza que deixaron os fundadores da nosa compañía, San Vicente e Santa Luisa, nos nosos centros educativos. Legado que se nos deu a través das irmás que están a traballar connosco nos nosos centros, vendo en moitas delas a experiencia de cooperación, implicación, coordinación e compromiso.
Estamos de acordo en que nos nosos centros hai grandes profesionais, pero ás veces estamos demasiado ocupados en dar a programación, en elaborar o Plan Tic, o Plan Lector... Infinidade de plans que, sen dúbida, son importantes; pero que non poden facernos esquecer que debemos ser eficaces na nosa tarefa, mais coidando sempre amorosamente ás persoas.
Hoxe, sábado 2 de febreiro de 2013, os educadores dos colexios de La Inmaculada de Marín e de La Milagrosa de Bueu, reunímonos con Sor Teresa Brull para participar nos nosos primeiros Obradoiros Vicencianos. Neste primeiro encontro mostráronsenos as experiencias de vida e traballo de Vicente de Paúl e de Luisa de Marillac e déronsenos as claves para, seguindo o seu exemplo, consolidar unha escola vicenciana baseada na colaboración, a cooperación e implicación de cada un de nós; chegando a converter o claustro de profesores dos nosos respectivos centros, no mellor equipo de traballo que se poida ter, sacando á luz todos aqueles valores e puntos fortes que temos e así conseguir maiores logros no noso traballo persoal e cos nosos alumnos, os cales han de conseguir ver en nós esa experiencia de vida auténtica.
Charo Moreira
Diana Rey
Diana Rey
No hay comentarios:
Publicar un comentario