A Coresma é un dos tempos en que máis urxentemente somos invitados a confrontar día tras día a nosa vida coa Palabra de Deus, para renovarnos, reciclarnos e renacer cara á Pascua. A Coresma esixe recoñecernos no camiño que conduce á VIDA con maiúsculas e, ao mesmo tempo, confesarnos necesitados de renovación, reciclaxe e conversión constantes, de afondar nas pegadas de Aquél que deu a súa vida por amor. Queremos dedicar tempos específicos para ver que necesitamos renovar en nós mesmos, no noso ámbito, nas nosas relacións, nos nosos afectos, nas nosas loitas internas e nos nosos proxectos. Tamén sería bo ter tempos e espazos para reciclarnos, para converternos de corazón, para pasar páxina e cambiar algunhas cousas que, en nós fundamentalmente, e cos outros necesitan un cambio de dirección, de perspectiva, de orientación. Por último, neste camiño cara á Pascua, cara á VIDA pídesenos este ano renacer, volver empezar, redescubrir experiencias, apostas, opcións e accións que quizais o tempo e a rutina enterraron pero que necesitamos desvelar para que o noso corazón siga tendo razóns para esperar e para crer, para crer e confiar, para confiar e apostar novamente por todo aquilo que conduce á VIDA.Cada un de nós ha de poñerse fronte á Palabra, fronte ao Deus da VIDA e fronte a si mesmo, para escoitar e dicirnos: Renóvate, recíclate, renace... VIVE!
![DEPARTAMENTO DE PASTORAL](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg71xfWTWvoh97ZtoHzQeEjcsavzfNN2ECtHZ4PMRsVRUHcdIAvrdy2nAT_t8xlXecoqAmP6cmGMtXsXHYSuRfq-uyr-Akb0GDvvJZ5LSmKhKT1Aj43-34Qg_2S5dYlQlKd56kPFgvCQhA/s1240/logo.jpg)
DEPARTAMENTO DE PASTORAL COLEXIO LA INMACULADA (MARÍN) Nun mundo cheo de interrogantes e de crise e porque estamos chamados a vivir de acordo con aquilo que cremos, queremos anunciar, de modo renovado, a novidade transformadora da Boa Nova de Xesús a toda a comunidade educativa, dende o carisma vicenciano, coma proxecto de vida persoal e comunitario, e coma un compromiso pola xustiza e cos máis pobres.
CORESMA 2013: Renóvate, recíclate, renace... VIVE!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario