En Manos Unidas, levamos máis de cincuenta
anos loitando contra a fame e a pobreza, e contra as inxustizas que as
producen, traballando polo progreso dos pobos empobrecidos e o desenvolvemento
integral das persoas. Iniciamos agora a Campaña 54 co lema "non" Hai
xustiza sen igualdade", centrada na necesidade de "promover a
igualdade entre os sexos e o empoderamento da muller". (ODM 3)
Con esta Campaña reclamamos o recoñecemento
da igual dignidade de todos, homes e mulleres. Queremos crear condicións de
igualdade, de dereitos e de acceso aos recursos, nos países máis sufridores da
terra. Este é o camiño necesario para alcanzar a xustiza que constrúe un mundo verdadeiramente humano.
PRIMEIRO
A promoción da muller forma parte da propia
identidade de Mans Unidas, como organización fundada, integrada e dirixida
maioritariamente por mulleres. Ademais, é un dos cinco obxectivos prioritarios
no noso traballo. Por iso, financiamos proxectos que dan ás mulleres posibilidades
reais de desenvolvemento persoal, familiar e comunitario.
SEGUNDO
Dende a orixe da humanidade, homes e mulleres descubrimos
que a verdadeira xustiza se edifica nun contexto de comuñón, de solidariedade e
traballo común comprometido coa vida de toda a familia humana.
TERCEIRO
Hoxe, a desigualdade e a discriminación que existen entre
os homes e as mulleres contrastan coa orde de xustiza e dereito inscrito no
corazón das persoas.
Ao longo de toda a súa vida, a muller está máis exposta
que o home a todas as formas de discriminación:
![](file://localhost/Users/monsegarciablanco/Library/Caches/TemporaryItems/msoclip/0/clip_image002.png)
![](file://localhost/Users/monsegarciablanco/Library/Caches/TemporaryItems/msoclip/0/clip_image004.png)
![](file://localhost/Users/monsegarciablanco/Library/Caches/TemporaryItems/msoclip/0/clip_image002.png)
![](file://localhost/Users/monsegarciablanco/Library/Caches/TemporaryItems/msoclip/0/clip_image004.png)
Non obstante, nos países do Sur, as mulleres son
protagonistas de numerosas iniciativas de desenvolvemento persoal, familiar e
comunitario. Cando as mulleres se organizan en asociacións e cooperativas,
recuperan a súa autoestima e a súa posición no progreso, defendendo os seus
dereitos, os das súas familias e das súas comunidades.
CUARTO
A promoción da igualdade debe ter en conta a
especificidade de homes e mulleres, recoñecendo a orixinalidade de cada un
deles e a súa propia creatividade para xerar un desenvolvemento humano integral
e solidario, e non pode ser concibida como un movemento de loita entre os
sexos, ou unha batalla só das mulleres. É unha tarefa moito máis profunda, que
require o cambio do corazón.
En Manos Unidas cremos que, acabar coas
discriminacións que sofren as mulleres, esixe compromiso de todos por crear
relacións baseadas na xustiza, por tanto:
![](file://localhost/Users/monsegarciablanco/Library/Caches/TemporaryItems/msoclip/0/clip_image008.png)
![](file://localhost/Users/monsegarciablanco/Library/Caches/TemporaryItems/msoclip/0/clip_image010.png)
![](file://localhost/Users/monsegarciablanco/Library/Caches/TemporaryItems/msoclip/0/clip_image012.png)
![](file://localhost/Users/monsegarciablanco/Library/Caches/TemporaryItems/msoclip/0/clip_image014.png)
![](file://localhost/Users/monsegarciablanco/Library/Caches/TemporaryItems/msoclip/0/clip_image016.png)
![](file://localhost/Users/monsegarciablanco/Library/Caches/TemporaryItems/msoclip/0/clip_image018.png)
![](file://localhost/Users/monsegarciablanco/Library/Caches/TemporaryItems/msoclip/0/clip_image020.png)
“ NON HAI XUSTIZA SEN IGUALDADE”
No hay comentarios:
Publicar un comentario