SAN VICENTE DE PAÚL. O SANTO DA CARIDADE



VICENTE DE PAÚL... CONMOVIDO POLA POBREZA E O SUFRIMENTO
   Profundamente conmovido pola pobreza e o sufrimento que o rodeaba no París do século XVII, Vicente de Paúl comezou con grande amor, dun xeito sinxelo, a axuda aos necesitados e así comezou o carisma das Fillas da Caridade
    Durante moitos anos, os membros da Familia Vicenciana reflexionaron sobre a posibilidade de elaborar un vídeo sobre San Vicente que servise para educar, formar e inspirar.
     Case 350 anos despois da súa morte, o legado de San Vicente de Paúl segue vivo. O seu nome é sinónimo de caridade e compaixón. Estas imaxes pertencen ao documental de 64 minutos "San Vicente de Paúl, o Santo da Caridade", que percorre a vida do sacerdote francés explorando a súa misión, a súa inspiración e a súa loita diaria. O documental bota luz sobre a influencia de Santa Luisa de Marillac en San Vicente de Paúl. A misión de ambos os dous non era só axudar aos pobres, senón cambiar as súas vidas. Por iso, pediron continuamente a axuda de Deus.

   En 2010, con motivo do 350 aniversario das mortes de Vicente de Paúl (27 de setembro de 1660) e de Santa Luisa de Marillac (15 de marzo de 1660), o Instituto para os Estudos Vicencianos de la Universidad DePaul levou a cabo o proxecto de crear a primeira longametraxe sobre San Vicente e Santa Luisa.
"Vicente de Paúl: o Santo da Caridade" é o impresionante resultado deste esforzo. Fíxose o documental tendo presentes catro obxectivos:

- Distinguir o Vicente do "mito" do Vicente da "historia".
- Situar a Vicente de Paul no contexto histórico do século XVII francés.
- Redescubrir o papel de Luisa de Marillac e das mulleres na orixe da tradición.
- Indicar a importancia actual da tradición vicenciana no mundo moderno.

Pinchando no seguinte enlace poderedes ver esta longametraxe merecedora de numerosos premios:
Vicente de Paúl: o Santo da Caridade

Descrición de capítulos

Capítulo 1: Contexto histórico e xuventude (00:01 - 13:37)
O primeiro capítulo ofrece unha visión de conxunto do século XVII francés, da uventude de Vicente de Paúl e das primeiras influencias no seu desenvolvemento espiritual.
Capítulo 2: Conversión e Madureza Espiritual (13:37 - 28:40)
O segundo capítulo indaga a prolongada relación de Vicente coa familia Gondi, as súas experiencias en Folleville e Châtillon, e dous temas preeminentes da súa madureza espiritual: as virtudes Vicencianas e a Divina Providencia.
Capítulo 3: A Congregación da Misión (28:40 – 36:10)
O terceiro capítulo analiza a adquisición de San Lázaro e a fundación da Congregación da Misión como un momento importante na renovación da Igrexa Católica en Francia.
Capítulo 4: Luisa de Marillac e as mulleres fundadoras (36:10 - 48:24)
O cuarto capítulo examina a longa relación de Vicente con Luisa de Marillac, a fundación das Fillas da Caridade e das Damas da Caridade, e outras grandes iniciativas como o traballo cos nenos abandonados e os galeotes.
Capítulo 5: O liderado de Vicente (48:24 - 52:19)
O capítulo quinto analiza o liderado de Vicente cando establece as Regras da Congregación da Misión e implementar a misión en si, actuando a miúdo como un Director Executivo.
Capítulo 6: 350 anos máis tarde. Que significa todo isto? (52:19 - fin)
O sexto capítulo remata examinando as mortes de Vicente e Luisa en 1660, a posterior campaña a favor da canonización de Vicente e reflexiona sobre o significado da misión vicenciana 350 anos máis tarde.
Empezamos e...
Ánimo compañeiros!
Empeza de novo a acción!
Pero cando nos organicemos, que non se nos esqueza..
.
 
VIVIR O TEMPO
Dáte tempo para traballar,
é o prezo do triunfo.
Dáte tempo para pensar,
é a fonte do poder.
Dáte tempo para xogar,
é o segredo da eterna xuventude.
Dáte tempo para ler,
é o fundamento da sabedoría.
Dáte tempo para ser amigo,
é o camiño da felicidade.
Dáte tempo para soñar,
é atar a túa carreira a unha estrela.
Dáte tempo para amar e ser amado,
é o privilexio dos deuses.
Dáte tempo para mirar arredor,
o día é moi curto para ser egoísta.
Dáte tempo para rir,
é a musica da alma.
Dáte tempo para orar,
é a íntima relación co Deus.


¡Feliz curso, valentes!