FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN


¡CELEBRA A VIDA!
A vida que nace de vivir á luz de Xesús Resucitado.

O Señor resucitou.
O Señor deu un paso.
O Señor guía os nosos pasos...
É Pascua cando dás un paso cara á bondade.
É Pascua cando dás un paso cara á verdade.
É Pascua cando dás un paso cara á vida e pola vida.
É Pascua cando dás un paso que non te atrevías a dar.
É Pascua cando dás un paso atrás porque ías por camiños prohibidos...
É Pascua cando dás un paso cara aos teus.
É Pascua cando dás un paso de xigante...ou un paso pequeñito, porque
hai cousas que só se fan "pasiño a pasiño".
É Pascua cando dás un paso e rompes o muro
e a distancia entre amigos.
É Pascua cando algo novo xorde e déixalo xurdir,
algo novo xermola e acóllelo e coidas con mimo.
É Pascua cando de camiño
ou sentado á mesa ou mirando aos ollos
a alma acéndese
... e quenta
... e comprende
... e érguese
... e volve empezar
... e deixa afogada a tristura
... e ábrese o futuro polo mesmo camiño.
Neste camiño podes camiñar con desesperanza
ou correr cheo de alegría.
O camiño do fracaso faise en solitario.
O camiño da Vida percórrese
desfacendo o vello camiño:
percorrendo, quente o corazón, o vello cara ao novo.
Señor, Deus da Vida
remove a pedra do noso egoísmo,
a pedra que afoga a nosa esperanza,
a pedra que destrúe o entusiasmo,
a pedra que pecha o corazón ao perdón.
Resucita en nós a alegría,
as ganas de vivir, o desexo de soñar.
Fainos persoas resucitadas
que non se deixan envolver pola morte,
senón que coidade e alentan sempre
o xerme de vida en que cren.

PREPASCUA 2013.... SINTE, DECIDE, VIVE... 100% VIDA!!!!


... Iniciamos a aventura de buscar A VIDA... para dar VIDA. Foi o venres día 15 de marzo, festa de Santa Luisa, en Tui, onde nos reunimos un grupo de mozos/as e catequistas da Provincia de Xixón, coa finalidade de achergarnos e celebrar os misterios da Pascua de Xesús. Despois da benvida, os saúdos e de reencontrarnos cos amigos doutros centros, puxémonos mans á obra.... 
O resultado verédelo estes días na reportaxe fotográfica que vos mostraremos.....
Isto é só un pequeno adianto...
GRUPO DE MARÍN QUE OPTOU POR UNHA FIN DE SEMANA 100% VIDA



Podes ler a reportaxe completa premendo no seguinte enlace:

PREPASCUA_2013_TUI

PREPASCUA_2013_FOTOS







FELIZ DÍA DE SANTA LUISA DE MARILLAC -15 MARZO

San Vicente de Paúl e Santa Luisa de Marillac tiveron un gran soño…, hoxe segue vivo ese soño, nós tenemos a gran tarefa de seguir levando o carisma... debemos facer VIDA o seu legado, que non é outro ca o de Xesús: anunciar o Reino de Deus, é dicir, anunciar a VIDA tal e como a quere construír Deus. Sexamos partícipes desta misión!!!!


HABEMUS PAPAM



O arcebispo de Bos Aires, Jorge Mario Bergoglio, de 77 anos e xesuíta, é o novo Papa Francisco I. Pasadas as 8 da tarde, o cardeal Tauranpronunciou o «Habemus Papam» para a continuación revelar o nome do novo Pontífice ante a máxima expectación de millóns de persoas no mundo. Ás 20.22, como é tradición o novo Papa asomouse ao balcón central da Basílica de San Pedro, onde ten recibido a ovación da miles de persoas que desafiaron á chuvia e ao frío na Praza de San Pedro.


O cardeal Jorge Bergoglio, de 76 anos, converteus no sucesor de Benedicto XVI e no primeiro Papa latinoamericano. A súa designación para ocupar a cadeira de brazos de San Pedro é tamén a primeira dun xesuíta para dirixir a Igrexa Católica, que xamais estivo a cargo dun representante da Compañía de Xesús, aínda que algúns expertos sinalan que León XIII (1878-1903) tiña formación xesuíta.

«Primeiro de todo, quero elevar unha oración polo noso Papa emérito», foron as primeiras palabras do novo Poncífice.

Arcebispo de Bos Aires e primado de Arxentina, xa foi mencionado como un dos prelados mellor posicionados para suceder a Juan PabloII e é un xesuíta austero, que leva unha vida discreta e cultiva o baixo perfil.Vive dende a súa xuventude cun só pulmón, goza dun gran prestixio entre os seus seguidores que aprecian a súa total dispoñibilidade e a súa forma de vida, afastada de toda ostentación.
Recemos pola renovación da nosa Igrexa e para que o Espírito axude na súa tarefa ao noso novo pastor.

SANTA LUISA VISTA POLOS ALUMNOS DE 4º ESO

A canción de fondo é Castelo de Cristal, e cremos que o que fixo Luisa naquela época foi tan difícil como construir un castelo de cristal sen romper (Carlos Beis e Javier del Río)

15 MARZO - FESTA DE SANTA LUISA DE MARILLAC

SEMANA VOCACIÓN-MISIÓN 2013



“MIRADE QUE ESTOU Á PORTA E CHAMO”  

Comezamos o ano da fe. É un novo convite a abrir a porta da fe, abrirnos á esperanza, á luz, a descubrir a vida con outra cor, con outra intensidade. A fe cristiá ten un horizonte de plenitude, de vida, concibida como consecuencia dun encontro co Señor Xesús.

Ao longo dunha xornada cantas veces! podemos acudir a abrir a porta da nosa casa porque alguén chamou. É unha rutina á que non adoitamos poñer demasiada atención, a non ser que esteamos a esperar unha visita, e non digamos se esa visita é importante para nós!.

Outra porta á que chaman tamén constantemente é á porta do noso corazón, da nosa vida. Quen chama? O Señor. De moitas maneiras chámanos e faise presente. Polo tanto abramos os ollos ante quen temos no couzón da nosa porta, porque é Deus - diría San Vicente - quen nos espera nos pobres. E cando un pobre vén a chamar á nosa porta sabemos recoñecer nel ao Señor que nos chama, reclámanos, ínstanos a darlle vida da nosa vida.

O Señor certamente está a chamar á nosa porta. El pode elixir o xeito de "tocar", de "facerse oír". No medio de tanto ruído, das présas, da actividade frenética e exacerbada, non podemos captar o murmurio case imperceptible de quen chama e berra con voz afogada pola dor, a fame, o choro e a necesidade. Un murmurio suave pero constante que, sen violentar, vai facéndose oco entre nós, vai tocando as nosas portas, vai facéndose presente e nos segue preguntando " ábresme? ".
  

INFANTIL



1º , 2º, 3º  PRIMARIA


4º, 5º, 6º  PRIMARIA


ESO


8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, en Mans Unidas denunciamos as enormes desigualdades que sofre a muller en todo o mundo, pero especialmente nos países máis desfavorecidos, porque ela é protagonista fundamental do desenvolvemento dos países do Sur.
Denunciamos que mentres a muller siga sendo vítima de inxustizas, violencia e desigualdades no fogar e no ámbito laboral, o fenómeno da "feminización da pobreza" seguirá sendo unha realidade para millóns de mulleres en todo o mundo.

Os datos falan por si sós. Son mulleres
. máis da metade dos 1.300 millóns de persoas en pobreza extrema.
. as 2/3 partes das persoas analfabetas do mundo (666 millóns).
. as que sofren falta de atención sanitaria, especialmente durante a xestación.
. as que sofren abuso sexual e comercio humano (2 millóns ao ano).
. as que son obrigadas a matrimonio mesmo antes da maioría de idade.
. as que non teñen acceso a recursos naturais e ao crédito.
. as discriminadas no acceso ao traballo ou nas súas condicións laborais.
Estes datos témolos moi presentes en Mans Unidas en 2013, xa que, durante todo este ano, a nosa Campaña 54 está centrada no Terceiro Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio e baixo o lema "non" Hai xustiza sen igualdade" buscamos promover o desenvolvemento da muller e a igualdade de dereito e oportunidades entre o home e a muller.


Ao reunirnos para celebrar o Día Internacional da Muller, unímonos ás nosas irmás (e irmáns) en todo o mundo, recordando que "o coidado que temos un polo outro nos leva a comprometernos coa dor e o sufrimento de todas as persoas e a creación"


Oración de bendición 

► Deus bendí as persoas que nunca tiveron voz, as que soportaron en silencio dor e violación. 
► Deus bendí as persoas que nunca tiveron oportunidade, a aqueles inocentes que sofren na súa vulnerabilidade. 
► Deus bendí as persoas que nunca tiveron unha esperanza, os que morreron dentro de si mesmos. Unha morte anterior á vellez. 
► Deus bendí a xente que causou esta dor, aos que polo seu egoísmo quitaron a vida doutra persoa. 
► Deus bendí as persoas abandonadas que teñen que enfrontarse toda a vida cos seus recordos e a dor. 
► Deus bendí as persoas que necesitan amor, as que arelan o amor pero viven na decepción. 
► Deus bendí as persoas creadas á túa imaxe, todos os teus fillos e fillas, ámaos, protéxeos e fai que se realicen plenamente.