8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, en Mans Unidas denunciamos as enormes desigualdades que sofre a muller en todo o mundo, pero especialmente nos países máis desfavorecidos, porque ela é protagonista fundamental do desenvolvemento dos países do Sur.
Denunciamos que mentres a muller siga sendo vítima de inxustizas, violencia e desigualdades no fogar e no ámbito laboral, o fenómeno da "feminización da pobreza" seguirá sendo unha realidade para millóns de mulleres en todo o mundo.

Os datos falan por si sós. Son mulleres
. máis da metade dos 1.300 millóns de persoas en pobreza extrema.
. as 2/3 partes das persoas analfabetas do mundo (666 millóns).
. as que sofren falta de atención sanitaria, especialmente durante a xestación.
. as que sofren abuso sexual e comercio humano (2 millóns ao ano).
. as que son obrigadas a matrimonio mesmo antes da maioría de idade.
. as que non teñen acceso a recursos naturais e ao crédito.
. as discriminadas no acceso ao traballo ou nas súas condicións laborais.
Estes datos témolos moi presentes en Mans Unidas en 2013, xa que, durante todo este ano, a nosa Campaña 54 está centrada no Terceiro Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio e baixo o lema "non" Hai xustiza sen igualdade" buscamos promover o desenvolvemento da muller e a igualdade de dereito e oportunidades entre o home e a muller.


Ao reunirnos para celebrar o Día Internacional da Muller, unímonos ás nosas irmás (e irmáns) en todo o mundo, recordando que "o coidado que temos un polo outro nos leva a comprometernos coa dor e o sufrimento de todas as persoas e a creación"


Oración de bendición 

► Deus bendí as persoas que nunca tiveron voz, as que soportaron en silencio dor e violación. 
► Deus bendí as persoas que nunca tiveron oportunidade, a aqueles inocentes que sofren na súa vulnerabilidade. 
► Deus bendí as persoas que nunca tiveron unha esperanza, os que morreron dentro de si mesmos. Unha morte anterior á vellez. 
► Deus bendí a xente que causou esta dor, aos que polo seu egoísmo quitaron a vida doutra persoa. 
► Deus bendí as persoas abandonadas que teñen que enfrontarse toda a vida cos seus recordos e a dor. 
► Deus bendí as persoas que necesitan amor, as que arelan o amor pero viven na decepción. 
► Deus bendí as persoas creadas á túa imaxe, todos os teus fillos e fillas, ámaos, protéxeos e fai que se realicen plenamente. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario