"Non hai xustiza sen igualdade" é a campaña de Mans Unidas para 2013. Na que xa é a campaña 54, a ONG Mans Unidas quere sensibilizar e actuar sobre o que é o terceiro obxectivo do milenio: promoción da igualdade entre os sexos e a autonomía da muller.
A campaña de Mans Unidas 2013 denuncia as graves discriminacións que sofren as mulleres en temas como a asistencia sanitaria e a alimentación.
Como ben di o lema da campaña de Mans Unidas 2013, "Non hai xustiza sen igualdade". En moitos casos, as mulleres ven impedido o seu acceso á educación, e isto impide que as mulleres poidan acceder por igual ao traballo, cousa que as deixa máis vulnerables ante a pobreza e a ataques á súa integridade física, psíquica e moral.
OBXECTIVO 3: Promoción da igualdade entre os sexos e a autonomía da muller
![DEPARTAMENTO DE PASTORAL](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg71xfWTWvoh97ZtoHzQeEjcsavzfNN2ECtHZ4PMRsVRUHcdIAvrdy2nAT_t8xlXecoqAmP6cmGMtXsXHYSuRfq-uyr-Akb0GDvvJZ5LSmKhKT1Aj43-34Qg_2S5dYlQlKd56kPFgvCQhA/s1240/logo.jpg)
DEPARTAMENTO DE PASTORAL COLEXIO LA INMACULADA (MARÍN) Nun mundo cheo de interrogantes e de crise e porque estamos chamados a vivir de acordo con aquilo que cremos, queremos anunciar, de modo renovado, a novidade transformadora da Boa Nova de Xesús a toda a comunidade educativa, dende o carisma vicenciano, coma proxecto de vida persoal e comunitario, e coma un compromiso pola xustiza e cos máis pobres.
MANOS UNIDAS 2013: NON HAI XUSTIZA SEN IGUALDADE
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario