Nunha data tan sinalada como é 25 de marzo, un grupo de profesores e alumnos irrompemos na sala de Comunidade das Irmás e en nome
de todo o alumnado e de todo o profesorado, tivemos un pequeno acto para felicitalas neste día
tan importante, no que dicían SI un ano máis ante o noso Pai
Deus; quixemos así mesmo, darlles as grazas polo labor que desenvolven no noso pobo.
. Educando a varias xeracións,
. Axudando aos máis necesitados,
. Dando amor por todas as partes.
Por esa entrega aos demais, por permitirnos traballar e aprender neste colexio, por ser parte desta Comunidade Educativa, por ser exemplo para todos nós, e por moito máis… Grazas, mil grazas. Felicidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario