FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN


¡CELEBRA A VIDA!
A vida que nace de vivir á luz de Xesús Resucitado.

O Señor resucitou.
O Señor deu un paso.
O Señor guía os nosos pasos...
É Pascua cando dás un paso cara á bondade.
É Pascua cando dás un paso cara á verdade.
É Pascua cando dás un paso cara á vida e pola vida.
É Pascua cando dás un paso que non te atrevías a dar.
É Pascua cando dás un paso atrás porque ías por camiños prohibidos...
É Pascua cando dás un paso cara aos teus.
É Pascua cando dás un paso de xigante...ou un paso pequeñito, porque
hai cousas que só se fan "pasiño a pasiño".
É Pascua cando dás un paso e rompes o muro
e a distancia entre amigos.
É Pascua cando algo novo xorde e déixalo xurdir,
algo novo xermola e acóllelo e coidas con mimo.
É Pascua cando de camiño
ou sentado á mesa ou mirando aos ollos
a alma acéndese
... e quenta
... e comprende
... e érguese
... e volve empezar
... e deixa afogada a tristura
... e ábrese o futuro polo mesmo camiño.
Neste camiño podes camiñar con desesperanza
ou correr cheo de alegría.
O camiño do fracaso faise en solitario.
O camiño da Vida percórrese
desfacendo o vello camiño:
percorrendo, quente o corazón, o vello cara ao novo.
Señor, Deus da Vida
remove a pedra do noso egoísmo,
a pedra que afoga a nosa esperanza,
a pedra que destrúe o entusiasmo,
a pedra que pecha o corazón ao perdón.
Resucita en nós a alegría,
as ganas de vivir, o desexo de soñar.
Fainos persoas resucitadas
que non se deixan envolver pola morte,
senón que coidade e alentan sempre
o xerme de vida en que cren.

No hay comentarios:

Publicar un comentario