I MARATÓN CÉNTIMOS 2012

Con motivo da Semana Vocación-Misión que cada ano se celebra en todos os Centros Educativos Vicencianos de España na semana do 15 de Marzo (Festa de Santa Luisa Marillac, fundadora das Fillas da Caridade, xunto a San Vicente de Paúl), dende o Departamento de Pastoral do Colexio La Inmaculada propuxemos a pais, profesores e alumnos a realización da "I MARATÓN DE CÉNTIMOS". A maratón consistiu en recoller o maior número de moedas de céntimo (non se admitían euros, só céntimos). Estes recolléronse en tres botes durante toda a semana (do 12 ao 16 de marzo). Un representaba a Educación Infantil, outro a Educación Primaria e o terceiro a Educación Secundaria. Pasada a semana de recollida, o luns 19 de marzo pola tarde efectuamos a carreira no polideportivo do colexio. Gañaría a etapa que conseguira a fila máis longa de céntimos (nesta ocasión a cantidade recadada non contaba). 
Ao final, todos os grupos de alumnos acabaron cantando "Campeones.... Solidarios, oeoeoeooo". E iso é o que foron: pequenos heroes que se esforzan cada día por construír un mundo mellor e por loitar por unha causa común que os uniu a todos. 
O resultado? Todos gañaron: en participación, en xenerosidade, en solidariedade e en compromiso. 
O diñeiro recadado irá destinado ás obras sociais que levan adiante as Fillas da Caridade en Marín. 
Grazas a todos, campións!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario