TRAS AS PEGADAS DE SAN VICENTE DE PAÚL

Hoxe a nosa oración vai ser unha reflexión dedicada a san Vicente de Paúl, testemuño da esperanza. San Vicente deuse conta de que o único camiño para ter unha vida plena e feliz era seguir o camiño de Xesús; un camiño de amor, de axuda ao necesitado e sempre desde a sinxeleza, a humildade e co corazón aberto. Un camiño no que levar aos homes a esperanza contra toda desesperanza.
Nós tamén queremos seguir tras as pegadas de San Vicente porque a súa vida de cristián, o seu estilo de exercer a caridade e o seu exemplo de home de ben, dedicando o mellor de si mesmo a axudar aos demais, ensínanos a querer comprometernos a ofrecer o mellor de nós aos demais (en especial aos máis necesitados)

Nós tamén queremos aprender a ser sementadores de esperanza no medio deste mundo tan desesperanzado e que tanto nos necesita. Así, antes de empezar o noso camiño, imos poñer o curso aso pés de Xesús e da Virxe.



Escoitamos agora a canción TRAS LAS HUELLAS e reflexionamos… 
https://www.youtube.com/watch?v=x74jMoOEYe0






- Que pegadas deixas na túa vida… Pensa se as túas pegadas deixan... Dúbidas, medos, amor, servizo, desilusión, paixón, desencantos,  JMV, anhelos, culpas, desexos, fe, erro, metas, gozo, pobres, afectos, xogos, riscos, familia, amigos, celos, DEUS, envexas, cambios, incertezas….


- Que pegadas deixou  san Vicente?




Camiñar tras as pegadas de  san Vicente implica mirar ao noso mundo co seu mesma mirada...
Como é a mirada de San Vicente? Que cres que viu  san Vicente, que lle levou a dedicar a súa vida aos pobres?

Observamos estas imaxes… Reflexionamos

Hoxe tócanos camiñar… E Camiñar tras as pegadas de san Vicente implica ir nadando contra a corrente nunha sociedade que só mata e mente e que sempre prexudica ao inocente. Hoxe, do mesmo xeito que  san Vicente fuches elixido para ir contra a corrente e soñar que outro mundo é posible... San Vicente soña para ti


 Que a túa mirada sexa  compasiva,  pacificadora, tenra e chea de bondade.

 Que teñas un corazón aberto a todos, sen  discriminacións.
 Que sexas un mozo/a aberto/a a Deus, aos pobres e a todo o que che acontece na vida.
 Que descubras as necesidades que tes ao teu redor, como Vicente e Luisa de  Marillac e poñas a túa MIRADA E O TEU CORAZÓN

E ti, que soños tes? ¿¿¿¿?????



Camiñar tras as pegadas de  san Vicente implica COMPROMISO, deixarse interrogar por Xesús.

É o momento de poñer nomes ás necesidades que hai ao teu redor e comprometerte


Que pobrezas descubres… no colexio, familia, amigos, rúa…? Cal é o teu compromiso?



Agora tócavos ser, como dicía San Vicente, CREATIVOS ATA O INFINITO. Así que, mans á obra e poñédevos a compoñer: á canción TRAS LAS HUELLAS DE VICENTE engadídelle unha nova estrofa  na que concretedes todo o que acabades de comentar, a vosa percepción da realidade e o voso compromiso final. 

Xuntos seremos capaces de ser testemuño coas nosas actitudes de vivir ao estilo de  san Vicente sementando esperanza no mundo. Que mellor regalo a San Vicente de Paúl? Que mellor maneira de ser sementadores de esperanza? ÁNIMOOOO


No hay comentarios:

Publicar un comentario