UNHA VISITA EXCEPCIONAL


O pasado día 31, no acto de clausura do mes de maio recibimos a visita EXCEPCIONAL dunha antiga alumna, Lauri, agora chamada Sor Israel. E dicimos que é excepcional porque dende hai dez anos esta irmá clarisa reside no convento de clausura de Cantalapiedra, en Salamanca.

Atopábase aquí cun permisso especial para coidar a súa nai gravemente enferma que , desgraciadamente, faleceu hai uns días.
O seu testemuño de como viven, que fan cada día e o significado de cada parte da súa vestimenta chamou a atención aos alumnos e alumnas da ESO que estaban presentes. Eles, moi interesados, fixéronlle varias preguntas motivados pola curiosidade que esperta que unha irmá de clausura veña visitarnos cando o normal é ao revés. Ela, dende a súa usual timidez, deixou claro que Deus ten un proxecto distinto para cada un de nós pero cunha mesma característica: sermos felices. Ela coñeceu dende moi nova cal era a súa vocación, o proxecto que Deus tiña reservado para ela e, por iso, séntese feliz dedicando a súa vida a orar por todas as necesidades do mundo.
As persoas que están cheas de Deus transmiten alegría e moita paz. Lauri, Sor Israel, é un exemplo disto e, dende aquí, dámoslle as grazas por deixarnos comprobalo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario