12 XUÑO: DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL

Loitar contra o traballo infantil doméstico en Haití é urxente

Este ano 2013 o Día Mundial contra o Traballo Infantil está especialmente centrado en erradicar o traballo infantil doméstico. Neste Día especial, a OIT (Organización Internacional do Traballo) recórdanos que é urxente realizar reformas lexislativas que garantan a eliminación do traballo infantil no traballo doméstico, a ratificación do Convenio 189 da OIT sobre o traballo doméstico decente e a súa unión a outros Convenios relativos ao traballo infantil, así como a toma de medidas para promover un movemento mundial contra o traballo infantil.

En Mans Unidas, coñecen as peores consecuencias do traballo doméstico infantil en Haití, o país máis pobre de América, que quedou devastado tras o terremoto sufrido o 12 de xaneiro de 2010 e denunciamos, unha vez máis a situación dos "restaveks" (do francés rest avec) nenos e nenas que traballan en "domesticiade" e que se converten en escravos domésticos. Eles son o grupo social máis vulnerable de todo o país, nenos e nenas de todas as idades, que pola falta de recursos das súas familias que viven en ámbitos rurais moi pobres, remotos e sen oportunidades, son confiados a outras familias, tamén pobres de ámbitos urbanos, coa esperanza de que, a cambio dos traballos do neno nas tarefas do fogar, poidan acceder a máis oportunidades.

Esas oportunidades nunca chegan e xa son máis de 300.000 os pequenos que, en Haití, se quedan sen infancia nin dereitos, que con frecuencia son maltratados e humillado, que perden a relación coas súas familias e traballan sen descanso. Non teñen dereito a educación, asistencia sanitaria, salario e moitas veces mesmo nin a porción elemental de alimento. Son vulnerables a calquera abuso que se cometa sobre eles e non teñen a ninguén que os defenda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario