JMV ENCONTRO NACIONAL XUVENÍS-CONVOCATORIA MADRID 2013

Antía Rey Esperón

Xoves 23 de maio..... Por fin chegou o día que todos estabamos esperado!!! (con dificultades que querían impedir que puideramos disfrutar deses días... pero que non o conseguiron)
Subimos ao autobús moi felices, a ratos na longa viaxe tamén nos aburriamos... Pero endexamais deixabamos de lado o noso sorriso. 
Despois de case nove horas de autobús, por fin chegabamos a Madrid. Emocionados, dirixímonos ao hostal. Tiñamos que descansar, o día seguinte estaría cargado de emocións.
O venres espertamos mois felices. Almorzamos para coller forzas e seguidamente demos unha volta polos arredores da Gran Vía madrileña. A continuación fomos ao parque de atraccións: o abismo, os rápidos, a casa do terror (algúns arrepentíronse de coller a entrada, pois abandoaron nada máis ver a porta),.... Ás catro e media da tarde regresamos ao hostal para prepararnos e poñernos rumbo ao teatro; esperébanos o musical "El Rey León": dúas horas e media de risas e emoción. Ao rematar fomos cear ao McDonalds e logo demos un paseo polas rúas, por se viamos algún famoso... Pero non houbo sorte!
O sábado, o día máis esperado e importante, o Encontro Nacional de Xuvenís de JMV!!! Chegamos os segundos, despois dos canarios, que nos recibiron moi alegremente. Un a un foron chegando de todas as provincias canónicas que se diferenciaban polas cores: azul claro, Santa Luisa; laranxa, San Vicente; verde, San Sebastián; lila, Pamplona; rosa, Sevilla; fucsia, Canarias; amarela, Granada; vermella, Barcelona (da que non houbo ningún representante) e, por último, e non menos importante, a nosa, azul, da provincia de Xixón.
Dividíronnos en grupos e participamos en diferentes obradoiros durante todo o día; o tema, SOÑA, PARA QUE TEÑAN VIDA:
PRIMEIRO TALLER: " ESPERTA! PONTE A SOÑAR"
Soñamos. Invitóusenos a coñecer e xulgar a realidade do noso arredor. Un obradoiro de observación a través de cartas de dúas barallas: Estrelas e nubes.
SEGUNDO TALLER: "DEUS TEN UN SOÑO PARA CADA UN DE NÓS"
Poñémonos mans á obra. Temos soños e con eles queremos cambiar o mundo. A través da parábola "a casa sobre rocha" entenderiamos a importancia de ter unha base sólida para poder loitar e que o noso sono se faga realidade, de que con Xesús conseguiremos que ese soño vaia crecendo.
TERCEIRO TALLER: "SOÑOS CUMPRIDOS"
Afondamos na Nota Misioneira de JMV a través de 3 testemuños. Son tres mozos de JMV que sentiron e senten a chamada da misión (unha destas misioneira, Ana, xa a coñecimos había uns días no noso colexio)
CUARTO TALLER: "A GRANDE ESTRELA SERÁS TI"
Todo o obradoiro xirou en torno á canción do grupo Quinta Esencia "Non te Deteñas" a través da cal afondamos en como nós, membros de JMV, podemos axudar a realizarse o soño de Deus para toda a humanidade se seguimos os pasos de Vicente de Paúl e Luisa de Marillac. Neste taller comprometémonos e preparamos para a Eucaristía, que celebramos ao final da tarde.
Tras todo o día soñando e formulando soños chegamos á Eucaristía coa esperanza de que se fagan realidade ao deixalos en mans de Deus. Recibimos o final da carta e descubrimos nela que quen nola envía é Xesús que sempre está e estará ao noso lado apoiándonos no noso camiño e a nosa loita polos soños. Ofrecimos as estrelas amarelas de cada grupo e colócamolas no escenario. Durante a comuñón e na acción de grazas as estrelas movéronse e formaron unha soa e grande: Deus.
Finalizamos a Eucaristía cantando o Himno de JMV e axitando os nosos panos. Parecía un arco da vella de tantas cores que había. Ao rematar intercambiamos os nosos panos, xunto cos nosos twitter, whatssapp, tuenti,.... Pero o máis importante: intercambiamos sorrisos e fixemos amigos.
O día culminou cun DJ pertencente a JMV da provincia de Sevilla (e que participara no programa Tú si que vales) e cunha tirada de fogos  de artificio.
Uns chorando, outros con cara triste, xa era o último día, xa volviamos rumbo a Marín, Santiago e A Illa de Arousa. Polo camiño, de volta paramos na Granxa de San Ildefonso a comer e disfrutar dos seus xardíns e logo dunhas horas, chegamos a Marín, apertamos ás nosas familias e despedímonos ata o vindeiro ano. Foi xenial!!!

1 comentario:

  1. Disfrutamos como siempre con tu buen hacer. Hemos visto el proyecto sobre la Biblia, con la comunidad y también quieren felicitaros, me dicen que os diga que hermoso es trabajar en equipo. FELICIDADES Pronto os veré

    ResponderEliminar