FOTOS:
INFANTIL
PRIMARIA
ESO

DEPARTAMENTO DE PASTORAL COLEXIO LA INMACULADA (MARÍN) Nun mundo cheo de interrogantes e de crise e porque estamos chamados a vivir de acordo con aquilo que cremos, queremos anunciar, de modo renovado, a novidade transformadora da Boa Nova de Xesús a toda a comunidade educativa, dende o carisma vicenciano, coma proxecto de vida persoal e comunitario, e coma un compromiso pola xustiza e cos máis pobres.
FESTIVAL_PROXECTO_BIBLIA_2013
PROXECTO BIBLIA 2013
12 XUÑO: DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL
Loitar contra o traballo infantil doméstico en Haití é urxente
Este ano 2013 o Día Mundial contra o Traballo Infantil está especialmente centrado en erradicar o traballo infantil doméstico. Neste Día especial, a OIT (Organización Internacional do Traballo) recórdanos que é urxente realizar reformas lexislativas que garantan a eliminación do traballo infantil no traballo doméstico, a ratificación do Convenio 189 da OIT sobre o traballo doméstico decente e a súa unión a outros Convenios relativos ao traballo infantil, así como a toma de medidas para promover un movemento mundial contra o traballo infantil.
En Mans Unidas, coñecen as peores consecuencias do traballo doméstico infantil en Haití, o país máis pobre de América, que quedou devastado tras o terremoto sufrido o 12 de xaneiro de 2010 e denunciamos, unha vez máis a situación dos "restaveks" (do francés rest avec) nenos e nenas que traballan en "domesticiade" e que se converten en escravos domésticos. Eles son o grupo social máis vulnerable de todo o país, nenos e nenas de todas as idades, que pola falta de recursos das súas familias que viven en ámbitos rurais moi pobres, remotos e sen oportunidades, son confiados a outras familias, tamén pobres de ámbitos urbanos, coa esperanza de que, a cambio dos traballos do neno nas tarefas do fogar, poidan acceder a máis oportunidades.
Esas oportunidades nunca chegan e xa son máis de 300.000 os pequenos que, en Haití, se quedan sen infancia nin dereitos, que con frecuencia son maltratados e humillado, que perden a relación coas súas familias e traballan sen descanso. Non teñen dereito a educación, asistencia sanitaria, salario e moitas veces mesmo nin a porción elemental de alimento. Son vulnerables a calquera abuso que se cometa sobre eles e non teñen a ninguén que os defenda.
JMV ENCONTRO NACIONAL XUVENÍS-CONVOCATORIA MADRID 2013
Xoves 23 de maio..... Por fin chegou o día que todos estabamos esperado!!! (con dificultades que querían impedir que puideramos disfrutar deses días... pero que non o conseguiron)
Subimos ao autobús moi felices, a ratos na longa viaxe tamén nos aburriamos... Pero endexamais deixabamos de lado o noso sorriso.
Despois de case nove horas de autobús, por fin chegabamos a Madrid. Emocionados, dirixímonos ao hostal. Tiñamos que descansar, o día seguinte estaría cargado de emocións.
O sábado, o día máis esperado e importante, o Encontro Nacional de Xuvenís de JMV!!! Chegamos os segundos, despois dos canarios, que nos recibiron moi alegremente. Un a un foron chegando de todas as provincias canónicas que se diferenciaban polas cores: azul claro, Santa Luisa; laranxa, San Vicente; verde, San Sebastián; lila, Pamplona; rosa, Sevilla; fucsia, Canarias; amarela, Granada; vermella, Barcelona (da que non houbo ningún representante) e, por último, e non menos importante, a nosa, azul, da provincia de Xixón.
Dividíronnos en grupos e participamos en diferentes obradoiros durante todo o día; o tema, SOÑA, PARA QUE TEÑAN VIDA:
Soñamos. Invitóusenos a coñecer e xulgar a realidade do noso arredor. Un obradoiro de observación a través de cartas de dúas barallas: Estrelas e nubes.
SEGUNDO TALLER: "DEUS TEN UN SOÑO PARA CADA UN DE NÓS"
Poñémonos mans á obra. Temos soños e con eles queremos cambiar o mundo. A través da parábola "a casa sobre rocha" entenderiamos a importancia de ter unha base sólida para poder loitar e que o noso sono se faga realidade, de que con Xesús conseguiremos que ese soño vaia crecendo.
TERCEIRO TALLER: "SOÑOS CUMPRIDOS"
Afondamos na Nota Misioneira de JMV a través de 3 testemuños. Son tres mozos de JMV que sentiron e senten a chamada da misión (unha destas misioneira, Ana, xa a coñecimos había uns días no noso colexio)
CUARTO TALLER: "A GRANDE ESTRELA SERÁS TI"
Todo o obradoiro xirou en torno á canción do grupo Quinta Esencia "Non te Deteñas" a través da cal afondamos en como nós, membros de JMV, podemos axudar a realizarse o soño de Deus para toda a humanidade se seguimos os pasos de Vicente de Paúl e Luisa de Marillac. Neste taller comprometémonos e preparamos para a Eucaristía, que celebramos ao final da tarde.
Tras todo o día soñando e formulando soños chegamos á Eucaristía coa esperanza de que se fagan realidade ao deixalos en mans de Deus. Recibimos o final da carta e descubrimos nela que quen nola envía é Xesús que sempre está e estará ao noso lado apoiándonos no noso camiño e a nosa loita polos soños. Ofrecimos as estrelas amarelas de cada grupo e colócamolas no escenario. Durante a comuñón e na acción de grazas as estrelas movéronse e formaron unha soa e grande: Deus.
O día culminou cun DJ pertencente a JMV da provincia de Sevilla (e que participara no programa Tú si que vales) e cunha tirada de fogos de artificio.
Uns chorando, outros con cara triste, xa era o último día, xa volviamos rumbo a Marín, Santiago e A Illa de Arousa. Polo camiño, de volta paramos na Granxa de San Ildefonso a comer e disfrutar dos seus xardíns e logo dunhas horas, chegamos a Marín, apertamos ás nosas familias e despedímonos ata o vindeiro ano. Foi xenial!!!
UNHA VISITA EXCEPCIONAL
O pasado día 31, no acto de clausura do mes de maio
recibimos a visita EXCEPCIONAL dunha antiga alumna, Lauri, agora chamada Sor
Israel. E dicimos que é excepcional porque dende hai dez anos esta irmá clarisa
reside no convento de clausura de Cantalapiedra, en Salamanca.
Atopábase aquí cun permisso especial para coidar a súa
nai gravemente enferma que , desgraciadamente, faleceu hai uns días.
O seu testemuño de como viven, que fan cada día e o significado de cada parte da súa vestimenta chamou a atención aos alumnos e alumnas da ESO que estaban presentes. Eles, moi interesados, fixéronlle varias preguntas motivados pola curiosidade que esperta que unha irmá de clausura veña visitarnos cando o normal é ao revés. Ela, dende a súa usual timidez, deixou claro que Deus ten un proxecto distinto para cada un de nós pero cunha mesma característica: sermos felices. Ela coñeceu dende moi nova cal era a súa vocación, o proxecto que Deus tiña reservado para ela e, por iso, séntese feliz dedicando a súa vida a orar por todas as necesidades do mundo.
As persoas que están cheas de Deus transmiten alegría e moita paz. Lauri, Sor Israel, é un exemplo disto e, dende aquí, dámoslle as grazas por deixarnos comprobalo.
CAMPAMENTOS JMV LEÓN E TUI
Tal e como vos prometín ás nais asistentes á reunión para os campamentos, aquí tedes unhas fotos para que vexades un pouco como son as instalacións de La Mata (León) e Tui. Buscarei no "baúl dos recordos" e intentarei subir algunhas máis.
Non vos arrepentiredes de enviar aos nenos ao campamento! Será unha experiencia inesquecible.







Non vos arrepentiredes de enviar aos nenos ao campamento! Será unha experiencia inesquecible.





5 DE XUÑO : XORNADA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE
A
Xornada Mundial do Medioambiente (WED) foi establecida pola Asemblea Xeral de
Nacións Unidas en 1972 e celebrada por primeira vez ao ano seguinte. Foi a
primeira vez que os problemas políticos, sociais e económicos do medioambiente
global se trataron nun foro intergubernamental con vistas a adoptar realmente
medidas correctivas..WED está coordinada polo Programa de Nacións Unidas para o
Medioambiente. (UNEP).
OFRENDA FLORAL
Clausuramos o mes de maio dedicado á Virxe María coa ofrenda floral conxunta de Infantil e Primaria e unha celebración mariana na ESO. Durante este mes nas clases quixemos dedicarlle un momentiño para falarlle e estar con ela. O último día de maio celebramos con alegría e gozo a festa de María; quixemos darlle as grazas polo apoio, a axuda e o amor que derrama día a día nos nosos corazóns.
Tamén quixemos pedirlle que nos siga acompañando todos os días da nosa vida e que nós non a esquecemos nunca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)