Ana López Castaño, misioneira laica de Lugo que está a exercer o seu labor en Bolivia encóntrase de visita en España, e tivemos o gusto de recibila no noso colexio.
Aquí estivo na mañá do martes 21 compartindo as súas experiencias cos alumnos de ESO, Primaria e Infantil.
Ana López traballa, sobre todo, no penal de San Pedro de Sacaba, en Bolivia, levando a Boa Nova de Cristo resucitado entre os presos, moitos dos cales perderon a esperanza.
Foi unha experiencia fantástica ter a Ana entre nós, mostrándonos unha realidade que nos fai dar grazas a Deus cada día pola sorte que temos de vivir aquí e de termos unha familia que nos axuda e apoia.
Dende aquí agradecémoslle o seu compromiso, o seu esforzo e xenerosidade por cedernos parte do seu tempo de vacacións.
GRAZAS, ANA!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario