JMV CELEBRA A VIDA CON MARÍA


En JMV celebramos un ano máis a clausura do mes de Maio, mes da Virxe María, e ao mesmo tempo o cese temporal das nosas actividades (dentro de nada volveremos reunirnos para a ansiada convivencia de fin de curso, campamentos...) Con esta celebración no patio da Virxe intentamos estar moi preto da nosa Nai do Ceo coas nosas cancións, as nosas oracións, as nosas ofrendas e, por suposto, encomendándonos a Ela para levar a cabo o noso traballo agora que remata o curso, con ilusión e alegría.

Como peche do mes de Maio organizamos unha sinxela oración na que a protagonista foi, como non, MARÍA. E ao finalizar compartimos un estupendo rato de merenda.





 
 
 
 
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario