16 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL



O 16 de abril é o Día Mundial contra a Escravitude Infantil coma homenaxe ao neno indio Iqbal Masih, vendido á idade de 4 anos polo seu pai para saldar unha débeda de 600 rupias e que supuxo que pasase os seguintes seis anos traballando en réxime de escravitude. Por desgraza, a situación séguese repetindo en moitos lugares do mundo e por iso neste día queremos denunciar calquera forma de explotación e escravitude infantil.
Manos Unidas loita contra a escravitude infantil con proxectos nos tres continentes e realizaproxectos educativos, sociais e sanitarios, que non só poñen remedio á situación paliando as consecuencias desa escravitude, senón que ademais preveñen estas indesexables situacións ofrecendo acollida, acompañamento e formación, de maneira que os nenos recobren a natural dignidade que lles foi roubada.

Tres exemplos de proxectos de Mans Unidas: Haití e os "restaveks", tráfico de nenos en Cambodja e as "portefaix" de Togo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario