Ve o que os demais non ven. O que los demais deciden non ver, por temor, conformismo ou mesmo preguiza... Ver o mundo de forma nova cada día.
Unha homenaxe a todos aqueles que xa non están connosco e que loitaron contra a enfermidade ou contra a mesma morte intentando ver a realidade de forma distinta... e tamén unha homenaxe a todos eses heroes anónimos que souberon loitar e traballar silenciosamente polos demais en nome de Xesús. Xente que creu cando todo dicía que había que claudicar. Eles deberon en moitos casos loitar contra a incomprensión e o rexeitamento cara aos que defendían.
Hoxe, como entón, hai almas valentes que loitan pola xustiza, pola causa de Deus, aquí e alá. Persoas que no día a día demostran ser verdadeiramente "santas". A elas vai a homenaxe e o agradecemento.
Que esperamos para facelo?
Baseada nunha historia real, a película é a biografía do médico Patch Adams (Robin Williams), que revolucionou a comunidade médica oficial aplicando singulares terapias consistentes en facer rir e proporcionar afecto aos pacientes enfermos de cancro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario