![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj5LeKP1mf8OKJPE2AsJeIFkQGI61la-VgbTNsPTL6p_WBhn-kEdJ_Fxx8Bn0dpJfkHKuT32l9Skc8GpX9bHJWg_6SvkX5v45Elc1H7DorlaN1gOde74EKoPyKjLYYzK3h6gSrF4L7bvHE/s640/prego%CC%81n+MILAGROSA.jpg)
Querida Comunidade Educativa!!!!
O vinte e sete de Novembro está xa moi próximo, e o noso centro vístese de festa.
Nestes días recordamos como Catalina Labouré, unha sinxela Filla da Caridade, tivo a graza de vivir experiencias de encontro con María. Ela transmitiulle unha mensaxe de amor. Tamén quixo deixarnos un signo, unha sinxela medalla que é un convite de amor e confianza en Deus.
Para celebrar este acontecemento tivemos que traballar todos e imos contar cuns días de alegría e agradecemento nos que preparamos un programa de variadas actividades:
- As celebracións Marianas, orientadas a resaltar a figura da Virxe Milagrosa (Oración da mañá, celebración da Medalla e Eucaristía, sacramento da Penitencia...)
- Actividades lúdicas, nas que manifestaremos a nosa creatividade e imaxinación (Participaremos en xogos sobre a Milagrosa e Santa Catalina, faremos debuxos e contos, veremos vídeos,...)
Todo isto vívese con máis alegría cando hai compañeirismo, ilusión e ganas de facer. Pero non hai que esquecer que son unhas festas que teñen un obxectivo primordial: manifestar a nosa Fe e devoción á Virxe.
Ánimo rapaces! Contamos convosco para vestir de cor a nosa festa e para poñer no centro dela á nosa querida Virxe Milagrosa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario