“Vive sinxelamente para que outros, sinxelamente, poidan vivir. Os mellores agasallos fanse coas mans”. Esta é e a mensaxe elixida por Cáritas con motivo do Día da Caridade.
Presentámosvos un anuncio conmovedor sobre o labor de Cáritas que grazas ao compromiso de moitas persoas, permiten aliviar o sufrimento e a necesidade dun bo número de persoas (950.000 atendidas no ano 2010).
Polo visto, o coñecido director de cine e publicista Alejandro Toledorealizou este anuncio gratis para Cáritas tras encontrarse cun ex compañeiro de traballo saíndo dun comedor social. Un anuncio duro e real. Tan íntimo que o protagoniza a propia filla de Toledo.
Se queres saber máis pincha neste enlace:
CÁRITAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario