Neste
tempo de Nadal, os nenos do CPR La Inmaculada de Marín teñen unha
misión preciosa: encher de estrelas as rúas de Marín e desexar un
Feliz Nadal. Só piden un sorriso, nada máis. Son os grandes
sementadores de paz nos que debemos mirarnos os maiores e aprender a
crer como eles cren e a amar como eles o fan.
Iso
é o que un grupo de nenos de JMV (Xuventudes Marianas Vicencianas) e
outros alumnos do CPR La Inmaculada, acompañados polas catequistas,
viviron o xoves 22 de decembro: saíron polas rúas de Marín
repartindo estrelas e sorrisos, cantaron vilancicos e foron ao
comedor benéfico a felicitar as festas do Nadal aos que alí acoden
a recibir un prato de comida quente. Saír polas rúas a ser
"Sementadores de Estrelas" anima os nenos e nenas a vivir a
alegría do nacemento de Xesús e a gratitude por ter unha familia
que os quere e coida, móveos a transmitir aos demais esa mensaxe de
amor, co desexo de construír entre todos un mundo onde reine a paz.
Grazas
por sementar as rúas de Marín de estreliñas e sorrisos,
felicitando o Nadal e anunciando a todos que XESÚS NACE NO CORAZÓN
DE CADA PERSOA QUE O QUEIRA ACOLLER.
FOTOS_SEMENTADORES_DE_ESTRELAS2011
FOTOS_SEMENTADORES_DE_ESTRELAS2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario