![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi6AJBEpIM1K7F-NrxSLA5LDa4dWEWbqiEBtdmLSDMGhAvPUZFCGHVK5P4oU2u2jHmxHmsB2q3d7YZ7hj44xwHvABA6XdJv_Tc4ZXxp4qHzYd1zM88tjEkWPRXWKn7LCt4rEo7-60NxSNY/s320/20100110.jpg)
Esta
última semana de Advento anímasenos a vivir e a estar dispostos cun
talante alegre como María.
A pesar de que a realidade que nos rodea sexa bastante dramática, a
pesar de que o mundo no que vivimos está cheo de inxustizas e
desgracias, con Xesús que nace chega a salvación e isto débenos encher
dunha profunda alegría e esperanza.
Quizais
podemos ter a tentación de desesperar porque vemos a chegada do Señor
como algo moi afastado, e a crise e a dramática realidade cáenos enriba
como unha lousa. Pero se o Nadal está preto é porque nós podemos
colaborar a que o Señor estea cada día máis e máis presente, e o Nadal
sexa máis e máis auténtico, un Nadal de Verdade.
Así pois o anuncio que queremos subliñar de xeito especial esta última semana do Advento é o da alegría.
Esta alegría non vén dende logo, deste mundo. Non é unha alegría que teña relación directa co pracer ou a comodidade ou a fortuna. Tampouco é cuestión de temperamento ou de receita psicolóxica. Moito menos ten que ver coas euforias prefabricadas.
A nosa alegría é gratuíta. Regálase como froito do Nadal e a Pascua, é un don de Deus. A alegría é froito do Espírito. Por iso a María e a cada un de nós dísenos: Alegrádevos!
Como cristiáns temos a responsabilidade de proclamar neste mundo que hai un novo mundo por descubrir. Aquel onde os cativos encontran a liberdade, os corazóns son sandados...
O mellor xeito de anunciar esta mensaxe é comezar por poñelo nós mesmos en práctica malia as nosas incomprensións e sorpresas, tal e como fixo María, sorprendida, superada... pero verdadeiramente disposta.
A resposta afirmativa de
María no evanxeo do domingo é o que está chamado a suceder na Igrexa e
en cada un de nós. Un si que significa "entrega total". É poñer toda a
súa vida nas mans de Deus, que non quere os nosos tesouros, senón o noso
corazón; non quere os nosos sacrificios, senón o noso amor; non quere
as nosas cousas, senón a nós mesmos.
E sabes para que o quere Deus? Para dárllelo aos irmáns. O "fágase" de María é un estímulo para que nós realicemos tamén a opción fundamental de Xesús: construír un mundo máis humano e instaurar unha civilización mellor.
O Señor non nos pide a ofrenda dunha casa, pero si quere facer en nós unha casa, ou mellor, quere facer de nós a súa casa. Resulta que xa está aí o Nadal e Deus segue buscando unha casa para nacer. O único que nos pide o Señor é un "si" confiado e entregado.
A Anunciación repítese porque Deus segue necesitando dunha nai que o acolla no seu corazón e o revista de carne. Deus séguenos necesitando e espera o noso "fiat" cada día. Oxalá que dunha vez por todas, de verdade, poidamos dicir con María: "Fágase en min segundo a túa Palabra". Ogallá celebremos que o Señor vén de verdade.
Esta alegría non vén dende logo, deste mundo. Non é unha alegría que teña relación directa co pracer ou a comodidade ou a fortuna. Tampouco é cuestión de temperamento ou de receita psicolóxica. Moito menos ten que ver coas euforias prefabricadas.
A nosa alegría é gratuíta. Regálase como froito do Nadal e a Pascua, é un don de Deus. A alegría é froito do Espírito. Por iso a María e a cada un de nós dísenos: Alegrádevos!
Como cristiáns temos a responsabilidade de proclamar neste mundo que hai un novo mundo por descubrir. Aquel onde os cativos encontran a liberdade, os corazóns son sandados...
O mellor xeito de anunciar esta mensaxe é comezar por poñelo nós mesmos en práctica malia as nosas incomprensións e sorpresas, tal e como fixo María, sorprendida, superada... pero verdadeiramente disposta.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjdKEwXYDFXqWz6Rmp6tvIm2hNUcCWF59Dd1osvQnliH-mNwsvoHW4xvilDOSmvS_xOn_vfVWcjgYwDxwPDrVGTS3NEURTitIwouWRcNV_9L1cDx5_dqAhF4OklX1Pvtp4K0BQV9M4jUVQ/s320/20101226.jpg)
E sabes para que o quere Deus? Para dárllelo aos irmáns. O "fágase" de María é un estímulo para que nós realicemos tamén a opción fundamental de Xesús: construír un mundo máis humano e instaurar unha civilización mellor.
O Señor non nos pide a ofrenda dunha casa, pero si quere facer en nós unha casa, ou mellor, quere facer de nós a súa casa. Resulta que xa está aí o Nadal e Deus segue buscando unha casa para nacer. O único que nos pide o Señor é un "si" confiado e entregado.
A Anunciación repítese porque Deus segue necesitando dunha nai que o acolla no seu corazón e o revista de carne. Deus séguenos necesitando e espera o noso "fiat" cada día. Oxalá que dunha vez por todas, de verdade, poidamos dicir con María: "Fágase en min segundo a túa Palabra". Ogallá celebremos que o Señor vén de verdade.
Que feridas persoais e comunitarias terías que sandar para que poidas experimentar a alegría do Nadal na túa vida?
Que "resistencias" me fan vivir o Nadal de xeito morno, "descafeinado", "light?
No hay comentarios:
Publicar un comentario