Como vos atopadades este ano? Esperamos que con moita alegría e ilusión... O verán pasou, descansamos, divertímonos, coñecemos xente nova, algúns participastes en campamentos, outros nas JMJ en Madrid e aínda o estamos a recordar...
Pero de novo estamos aquí a comezar un novo curso con forzas renovadas para facer un montón de cousas, coñecer máis sobre Xesús, facer novos amigos, ter encontros con rapaces doutros lugares... E niso estamos xa a traballar, preparando as vindeiras convivencias (temos xa á vista a de Primaria-1º Ciclo ESO – Galicia (en San Narciso); a de Convocatoria (3º, 4º ESO , 1º Bach. en León...)
E para comezar, o sábado 8 de outubro ás 11 h. no colexio, inauguraremos o curso de JMV, cunha celebración, xogos, danzas .... (rematará sobre as 17 h)
Esperamos contar convosco o día 8... E durante todos os mércores ás 15.30h!!! Animádevos!!!!
Vídeo de presentación de JMV preparado con moito cariño por Diana
No hay comentarios:
Publicar un comentario