Dende a infancia compartir é algo natural. Ese xesto pode salvar hoxe a vida de milleiros de nenos que non reciben alimentos para sobrevivir.
A finalidade do Día Mundial da Alimentación, proclamado en 1979 pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), é a de concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. O Día coincide coa data de fundación da FAO en 1945. En 1980, a Asemblea Xeral avalou a observancia do Día por considerar que "a alimentación é un requisito para a supervivencia e o benestar da humanidade e unha necesidade humana fundamental"
No hay comentarios:
Publicar un comentario