Un pouco máis tarde do que tiñamos previsto na programación de inicio de curso, nestes días de fin de maio e inicio de xuño, celebramos a nosa SEMANA VOCACIÓN-MISIÓN baixo o lema
CHÁMOTE A TI. SÍGUEME!!!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjP1MzSjeOSeQ_7g6FzvGpLVfRBT5aJIwahcCqmZQ05WP9Hjd0eoqiTiaVFTPr9MgTOSqChdtEuxPYuW4f2-uYb0I7BmZY4UdHSDW0w5_GtQW62VJRRoPZsnykf9-V5NXS6yNsKSvGA_as/s200/cole+2011+280.jpg)
E como actividade complementaria ás catequeses e titorías de cada curso, programamos o visionado da película-documental
"LA ÚLTIMA CIMA" unha longametraxe documental sobre Pablo Domínguez, sacerdote madrileño que faleceu en febrero de 2009 nun accidente, ao descender o cume do Moncayo. Tiña 42 años. LA ÚLTIMA CIMA amosa un tipo de sacerdote do que ninguén fala: sacerdotes xenerosos, alegres, serviciais, humildes… Sacerdotes anónimos que serven a Dios, servindo aos demais.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEieTHCUs9KL9rQAmcBNRkoZwTk1pVHYe_SK_3_t5PjrF-BPa-LeIQkKvGIIyTyEO3863vANNfJ4kwno8_ukRX7v5RsaKJHZHvDwqthFebwq2fmGcMg4NsgnPECuBlQZbDVKGhyazAWwMrg/s320/cole+2011+281.jpg)
E para crear ambiente, un invitado de excepción, VÍCTOR, o que fora párroco de Marín hai 8 anos, veu visitarnos ao cole e dirixiuse a todos para falarnos da súa vocación e dos seus proxectos, insistíndonos na idea de que non deixemos de
crer en Deus; El sempre está connosco para acompañarnos, para levarnos no colo cando estamos cansos da viaxe. Del son as pegadas que vemos na area, son os seus brazos os que nos transportan. E agora pídenos que sexamos nós os seus brazos e os seus pés para construír un mundo mellor. Grazas, Víctor, por ser testemuña e animarnos a nós nesta misión, na construción do Reino, o gran proxecto de Xesús.
Trailer Película "La última cima"
Trailer 2 - Película "La última cima"
Inicio Película "La última cima"
TESTEMUÑOS no preestreno de LA ÚLTIMA CIMA
No hay comentarios:
Publicar un comentario