Este ano o lema da Semana Vocación-Misión é: "Chámote a ti. Sígueme", inspirado nas palabras que Xesús ofrece no Evanxeo de Xoán . E chama por cada un de nós. É unha chamada a seguilo e servir aos máis pobres, axudar a quen necesita da nosa man, o noso cariño e comprensión.
“En verdade vos digo que canto fixestes a un destes meus irmáns máis pequenos, a min mo fixestes” (Mt 25,40)
O mural invítanos a iniciar o camiño. Un camiño xa andado polos que nos precederon, tal e como o vemos seguindo as pegadas; un camiño coñecido, nunca en soidade, en compañía, a Comunidade camiña ao noso lado.
O horizonte que se enxerga nesta andaina son os pobres, as miserias que esperan algo de nós, as necesidades que nos invitan a espertar e desenvolver a nosa creatividade, porque como dicía San Vicente: "O amor é creativo ata o infinito".
Dar un paso cara a adiante, camiñar, é iniciar unha andaina de vida que pode cambiar o rumbo do que imos facendo ata agora.O horizonte que se enxerga nesta andaina son os pobres, as miserias que esperan algo de nós, as necesidades que nos invitan a espertar e desenvolver a nosa creatividade, porque como dicía San Vicente: "O amor é creativo ata o infinito".
Camiñar é descubrir fraquezas, inseguridades, medos... pero á vez espertar a unha riqueza interior insospeitada na rutina do cotián vivir.
Camiñar é espertar ao novo, atreverse a mirar máis alá, cos lentes da fe.Camiñar é apostar polo cambio, romper coas ataduras do doado, da comodidade, do individualismo.
Camiñar é vivir coa esperanza de quen nunca se para, de quen vive en busca permanente ata encontrarse con quen é o motor e razón de vida: Cristo o Señor.
Atrevámonos a responder: Que queres de min, Xesús? A que me chamas? Que teño eu que poida ofrecerte? Probablemente a súa resposta nos sorprenda.
Camiñar é vivir coa esperanza de quen nunca se para, de quen vive en busca permanente ata encontrarse con quen é o motor e razón de vida: Cristo o Señor.
Atrevámonos a responder: Que queres de min, Xesús? A que me chamas? Que teño eu que poida ofrecerte? Probablemente a súa resposta nos sorprenda.
Necesítanse mozos e mozas inquedos, soñadores, atrevidos e alegres, mozos e mozas capaces de darse para a construción dunha sociedade máis xusta e fraterna.
Atrévete a escoitar a Xesús e SÍGUEO!
3º CICLO PRIMARIA
El buen samaritano
2º CICLO PRIMARIA
INFANTIL - 1º CICLO PRIMARIA
Debemos ayudar a todos y perdonar (dibujos y canción títeres)
NARRACIÓN DA PARÁBOLA DO BO SAMARITANO
OUTRAS PARÁBOLAS DE XESÚS
La oveja perdida
Hijo pródigo títeres (Samy y sus amigos)
No hay comentarios:
Publicar un comentario