DEPARTAMENTO DE PASTORAL COLEXIO LA INMACULADA (MARÍN) Nun mundo cheo de interrogantes e de crise e porque estamos chamados a vivir de acordo con aquilo que cremos, queremos anunciar, de modo renovado, a novidade transformadora da Boa Nova de Xesús a toda a comunidade educativa, dende o carisma vicenciano, coma proxecto de vida persoal e comunitario, e coma un compromiso pola xustiza e cos máis pobres.
CELEBRAMOS O NADAL
Coa alegría que a ocasión merece, no noso colexio preparamos patios, corredores e aulas para recibir ao Neno Deus.
Axeitado a cada idade, dende Infantil ata o último curso de Primaria abordamos o Advento, tanto a súa dimensión relixiosa coma a social, tendo en conta as ensinanzas de San Vicente de Paúl de asistencia aos máis desfavorecidos. Por iso desenvólvese a Campaña de Nadal "OPERACIÓN QUILO" na que alumnos e profesores colaboran solidariamente con alimentos para que en Nadal, momento de dar e agradecer, compartamos cos demais e deamos grazas polo que temos. Tamén como vicencianos e desenvolvendo a nota misioneira que caracteriza a JMV percorrimos as rúas de Marín cantando vilancicos e anunciando a chegada de Xesús ara todos, visitamos o comedor benéfico e palpamos as necesidades de Marín na nosa tradicional xornada de "SEMENTADORES DE ESTRELAS"

Un
ano máis, entre os actos de Nadal, hai que destacar os Festivais de Nadal que dende Infantil a ESO, puidemos disfrutar toda a comunidade escolar, pais, avós, alumnado,
profesores; pasamos un bo intre coas actuacións de Nadal que cada curso
preparou. Ademais, todos quixemos referirnos a ese Nadal de verdade, que
aconteceu co nacemento do Neno Xesús en Belén.
Podedes ver as fotografías dos diferntes festivais premendo nos enlaces correspondentes ou accedendo ás seccións oportunas de fotos:
NACE XESÚS EN BELÉN
E no cole, un ano máis, preparamos o noso Belén. Podedes ver máis imaxes na páxina de Pastoral Xuvenil da Diocese de Santiago (enviámolas para o concurso I CERTAME DE BELÉNS: "Barca de Santiago" )
http://www.pastoralsantiago.org/
BO NADAL
http://www.pastoralsantiago.org/
BO NADAL
SEMENTADORES DE ESTRELAS 2011
Neste
tempo de Nadal, os nenos do CPR La Inmaculada de Marín teñen unha
misión preciosa: encher de estrelas as rúas de Marín e desexar un
Feliz Nadal. Só piden un sorriso, nada máis. Son os grandes
sementadores de paz nos que debemos mirarnos os maiores e aprender a
crer como eles cren e a amar como eles o fan.
Iso
é o que un grupo de nenos de JMV (Xuventudes Marianas Vicencianas) e
outros alumnos do CPR La Inmaculada, acompañados polas catequistas,
viviron o xoves 22 de decembro: saíron polas rúas de Marín
repartindo estrelas e sorrisos, cantaron vilancicos e foron ao
comedor benéfico a felicitar as festas do Nadal aos que alí acoden
a recibir un prato de comida quente. Saír polas rúas a ser
"Sementadores de Estrelas" anima os nenos e nenas a vivir a
alegría do nacemento de Xesús e a gratitude por ter unha familia
que os quere e coida, móveos a transmitir aos demais esa mensaxe de
amor, co desexo de construír entre todos un mundo onde reine a paz.
Grazas
por sementar as rúas de Marín de estreliñas e sorrisos,
felicitando o Nadal e anunciando a todos que XESÚS NACE NO CORAZÓN
DE CADA PERSOA QUE O QUEIRA ACOLLER.
FOTOS_SEMENTADORES_DE_ESTRELAS2011
FOTOS_SEMENTADORES_DE_ESTRELAS2011
Etiquetas:
misión,
Nadal,
Sementadores de estrelas
4ª SEMANA DE ADVENTO: Alegrádevos! Celebrade que o Señor vén de verdade

Esta
última semana de Advento anímasenos a vivir e a estar dispostos cun
talante alegre como María.
A pesar de que a realidade que nos rodea sexa bastante dramática, a
pesar de que o mundo no que vivimos está cheo de inxustizas e
desgracias, con Xesús que nace chega a salvación e isto débenos encher
dunha profunda alegría e esperanza.
Quizais
podemos ter a tentación de desesperar porque vemos a chegada do Señor
como algo moi afastado, e a crise e a dramática realidade cáenos enriba
como unha lousa. Pero se o Nadal está preto é porque nós podemos
colaborar a que o Señor estea cada día máis e máis presente, e o Nadal
sexa máis e máis auténtico, un Nadal de Verdade.
Así pois o anuncio que queremos subliñar de xeito especial esta última semana do Advento é o da alegría.
Esta alegría non vén dende logo, deste mundo. Non é unha alegría que teña relación directa co pracer ou a comodidade ou a fortuna. Tampouco é cuestión de temperamento ou de receita psicolóxica. Moito menos ten que ver coas euforias prefabricadas.
A nosa alegría é gratuíta. Regálase como froito do Nadal e a Pascua, é un don de Deus. A alegría é froito do Espírito. Por iso a María e a cada un de nós dísenos: Alegrádevos!
Como cristiáns temos a responsabilidade de proclamar neste mundo que hai un novo mundo por descubrir. Aquel onde os cativos encontran a liberdade, os corazóns son sandados...
O mellor xeito de anunciar esta mensaxe é comezar por poñelo nós mesmos en práctica malia as nosas incomprensións e sorpresas, tal e como fixo María, sorprendida, superada... pero verdadeiramente disposta.
A resposta afirmativa de
María no evanxeo do domingo é o que está chamado a suceder na Igrexa e
en cada un de nós. Un si que significa "entrega total". É poñer toda a
súa vida nas mans de Deus, que non quere os nosos tesouros, senón o noso
corazón; non quere os nosos sacrificios, senón o noso amor; non quere
as nosas cousas, senón a nós mesmos.
E sabes para que o quere Deus? Para dárllelo aos irmáns. O "fágase" de María é un estímulo para que nós realicemos tamén a opción fundamental de Xesús: construír un mundo máis humano e instaurar unha civilización mellor.
O Señor non nos pide a ofrenda dunha casa, pero si quere facer en nós unha casa, ou mellor, quere facer de nós a súa casa. Resulta que xa está aí o Nadal e Deus segue buscando unha casa para nacer. O único que nos pide o Señor é un "si" confiado e entregado.
A Anunciación repítese porque Deus segue necesitando dunha nai que o acolla no seu corazón e o revista de carne. Deus séguenos necesitando e espera o noso "fiat" cada día. Oxalá que dunha vez por todas, de verdade, poidamos dicir con María: "Fágase en min segundo a túa Palabra". Ogallá celebremos que o Señor vén de verdade.
Esta alegría non vén dende logo, deste mundo. Non é unha alegría que teña relación directa co pracer ou a comodidade ou a fortuna. Tampouco é cuestión de temperamento ou de receita psicolóxica. Moito menos ten que ver coas euforias prefabricadas.
A nosa alegría é gratuíta. Regálase como froito do Nadal e a Pascua, é un don de Deus. A alegría é froito do Espírito. Por iso a María e a cada un de nós dísenos: Alegrádevos!
Como cristiáns temos a responsabilidade de proclamar neste mundo que hai un novo mundo por descubrir. Aquel onde os cativos encontran a liberdade, os corazóns son sandados...
O mellor xeito de anunciar esta mensaxe é comezar por poñelo nós mesmos en práctica malia as nosas incomprensións e sorpresas, tal e como fixo María, sorprendida, superada... pero verdadeiramente disposta.

E sabes para que o quere Deus? Para dárllelo aos irmáns. O "fágase" de María é un estímulo para que nós realicemos tamén a opción fundamental de Xesús: construír un mundo máis humano e instaurar unha civilización mellor.
O Señor non nos pide a ofrenda dunha casa, pero si quere facer en nós unha casa, ou mellor, quere facer de nós a súa casa. Resulta que xa está aí o Nadal e Deus segue buscando unha casa para nacer. O único que nos pide o Señor é un "si" confiado e entregado.
A Anunciación repítese porque Deus segue necesitando dunha nai que o acolla no seu corazón e o revista de carne. Deus séguenos necesitando e espera o noso "fiat" cada día. Oxalá que dunha vez por todas, de verdade, poidamos dicir con María: "Fágase en min segundo a túa Palabra". Ogallá celebremos que o Señor vén de verdade.
Que feridas persoais e comunitarias terías que sandar para que poidas experimentar a alegría do Nadal na túa vida?
Que "resistencias" me fan vivir o Nadal de xeito morno, "descafeinado", "light?
FESTIVAIS NADAL
INFANTIL:
Venres 16 de decembro ás 11.00 h
PROGRAMA:
- Ofrenda ó neno Xesús (3 anos, Yas e Leti)
- Baile: “Xuxa” (3 anos, Yas e Leti)
- Panxoliña: “Campana sobre campana” (4 anos, Sor MªDolores)
- Baile: “Din-don-dan” (4 anos, Chus)
- Panxoliña: “Gloria, gloria” (4 anos, Chus)
- Canción: “Hi! Hello!”
- “Poema de Navidad” (5 anos, Mª José)
- Baile: “Danza Kuduro” (5 anos, Mª José)
- Poema: “El portal de Belén” (5 anos, Yolanda)
- Teatro: “El Belén viviente” (5 anos, Yolanda)
- Baile: “Burlesque, Express” ( 3 anos, Yas e Leti)
- Exercicio de Ximnasia rítmica ( actividad extraescolar)
PRIMARIA: Martes, 20 de decembro ás 15:30h.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)