


Saír polas rúas a ser "Sementadores de Estrelas" é unha actividade chea de alegría e gratuidade. Experimentar a tenrura que Deus sente por nós, tan palpable no nacemento de Xesús, móvenos a transmitir aos demais esa mensaxe de amor, co desexo de construír entre todos un mundo onde reine a paz.
Ser "Sementadores de Estrelas" é unha forma bonita de pasar un bo anaco xuntos e tamén significa converterse en pequenos misioneiros que comparten a boa noticia de Xesús e felicitan o Nadal en nome deses misioneiros, homes e mulleres, que anuncian o Evanxeo en países afastados.
Ao reparto de estrelas precédelle unha sinxela celebración do envío dos "sementadores". E unha vez celebrada, unidos todos nun mesmo espíritu cristián... ¡¡¡Todos á rúa a cambiar estrelas por sorrisos e a anunciar que Xesús nace!!!




No hay comentarios:
Publicar un comentario