PREPARA O CAMIÑO AO SEÑOR


 
 
Un día, hai disto moito tempo, tanto como anos levan os homes sobre a terra, Adán dixo que se separaba de Deus. Deulle as costas e empezou a camiñar polos seus propios camiños, non polos que Deus quería. Pero Deus, aínda que se enfadou, non se enfadou de todo; prometeu visitalo, seguir sendo amigos.

Pasou moito tempo e Deus ía refacendo a súa promesa cada vez que os homes lle daban as costas. Adoitaba entón enviar homes chamados profetas, que recordaban aos homes a promesa de Deus:"Deus virá. Preparádevos e convertédevos". 
 
Esta mensaxe tiveron que repetila moitas veces. Un día, chegou un profeta, que foi o último antes da visita de Deus. Chamábase Xoán Bautista. Empezou a berrar: "Xa está preto, xa vén. Arrepentídevos". 
 
E así foi. Unha noite, que non sabemos moi ben cando foi (nin o ano nin a hora), Deus visitounos por medio do seu Fillo, Xesús. Os sinxelos, os homes de boa vontade recoñecérono e fixéronse amigos del e comezaron a vivir como El dicía. 
 
Dende ese momento, cada vez que se achega o Nadal, moitos homes e moitas mulleres de todos os recunchos da terra volven poñerse en camiño cara a Deus e abrir o corazón ás súas palabras. 
 
Nós tamén queremos seguir o camiño dos homes que buscan a Deus e entrar no tempo da espera, o Advento, o tempo no que preparamos o seu ad-venire e celebramos que veu, vén e virá.

ADVENTO é tempo de esperanza. tempo de preparar o corazón para que Deus encontre un lugar na nosa vida. Aínda cando esteamos de camiño e non todo na vida resulte doado, sabemos que todo un Deus nos mira con cariño e decide poñer a súa tenda no noso chan. Esperemos con fe a súa chegada, o seu nacemento. 

Ja se escuta uma voz anunciando
Que estás chegando e em nosso meio vais morar
E a promessa há tanto tempo prometida
Virá p’ra sempre nossa vida animar
Tu vens trazer ao nosso povo a alegria
E as esperanças de uma vida bem melhor.
Cumpriu-se o tempo, acabou-se a agonia,
P’ra longe espantas a tristeza e a dor.

Quero que venhas para o meio deste povo
P’ra que ele viva o ano inteiro o Natal.
E assim espalhe a semente da justiça
De um reino novo e bom do qual és o sinal.
Zeni de Lima Soares              Flávio Irala


"Preparemos un sitio para o Neno"
San Xosé e a Virxen asoman a un cuarto feito un desastre e pensan en arranxar a habitación para o bebé. ¿Canto temos que ordenar na nosa vida?
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario