SEMANA DO DESARME


Do 24 ao 30 de outubro ten lugar en todo o mundo a Semana do Desarme. O seu principal obxectivo é implicar a todos os Estados membros de Nacións Unidas na difusión do perigo que leva consigo a carreira armamentista, así como subliñar a importancia de rematar coa proliferación e fomento de armas.

Nos últimos anos, o número de mortes civís en conflitos armados aumentou considerablemente e ascende a máis do 90%. Máis da metade das vítimas son nenos. Nos últimos dez anos, dous millóns de nenos perderon a vida como consecuencia directa dos conflitos armados, e polo menos seis millóns sufriron graves danos. Ademais, estímase que 20 millóns de nenos tiveron que abandonar os seus fogares por causa de conflitos armados e violacións de dereitos humanos.

A guerra viola os dereitos do neno: o dereito á supervivencia, o dereito a vivir nunha familia unida, o dereito á saúde e á educación, o dereito a recibir protección contra a violencia e o abuso, e o dereito a recibir asistencia humanitaria.


Os nenos que viven en países en conflito teñen menos posibilidades de ir á escola e adoitan sufrir as consecuencias da pobreza, a violencia, a desnutrición, os desprazamentos e a enfermidade.

Poema Nuclear
Celso Emilio Ferreiro

¡Qué ben, que bomba ven co seu rebombio!

A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo.

A bomba con aramios, con formigas,
con fornos pra asar meniños loiros.
A bomba ten lombrices, bombardinos,
vermes de tu,, bombillas fluorescentes,
peixes de chumbo, vómitos, anémonas,
estrelas de plutonio plutocrático,
esterco de cobalto hidroxenado,
martelos. ferraduras, matarratos.


A bomba, bong. A bomba, bon amigo.

Con átomos que estoupan en cadeia
e creban as cadeias que nos atan:

Os outros edificios.
Os outros funcionarios.
Os outos fiñanceiros.
Os outos ideais

Todo será borralla radioaitiva!

As estúpidas nais que pairen fillos
polvo serán, mais polvo namorado!
Os estúpidos pais, as prostitutas,
as grandes damas da beneficencia,
magnates e mangantes, grandes cruces,
altezas, excelencias, eminencias,
cabaleiros cubertos, descubertos,
nada serán meu ben, si a bomba ven,
nada o amor, e nada a morte morta
con bendiciós e plenas indulxencias.

¡Qué ben, que a bomba ven! Nun instantiño
a amable primavera faise cinza
de vagos isotopos placentarios,
de letales surrisas derretidas
baixo un arco de átomos triunfaes.

A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombo
de setas e volutas abombadas,
axiña ven, vela ahí ven, bon amigo.

Estános ben! ¡Está ben! Está bon!

¡¡¡Boong!!! 

EL GRAN DICTADOR

Se o outro día tivestes un ratiño para ver o vídeo da campaña de Acción contra el Hambre con Pepe Sancho facendo o maxistral alegato contra a fame e simulando a secuencia da película El Gran Dictador, non vos perdades o alegato antibélico orixinal. 

TAPIZ MUSICAL: Música para Orar (Grupo IXCIS)



Hoxe ofrecémosche un material para orar coa música.
O recurso musical pertence ao Grupo IXCIS de España e vén acompañado dunha presentación feita con debuxos de Patxi (Fano) e Manu, representando así cada canción cun debuxo feito para a ocasión. 
"Estamos seguros de que che vai encantar. Entra "con calma" a rezar "un anaco na rede, que para rezar calquera sitio é bo,"
Ogallá sexa unha axuda para calquera momento da túa vida, dos teus, dos teus amigos, próximos e non tan próximos...



Non dubides en entrar aquí sempre que o necesites....



A DITADURA DA FAME


Invítovos a ver o vídeo dunha campaña de Acción contra el Hambre. Simulando a secuencia dunha antiga película moi coñecida, o actor Pepe Sancho fai un maxistral alegato contra a fame

Con Deus entre os máis pobres

Unha salesiana, unha filla da caridade e dous paúis españois están dando o mellor da súa vida para mellorar a situación dos malgaxes. A capital de Madagascar, Antananarivo, e varias cidades do sur da illa, son os escenarios nos que transcorre a misión destes heroes anónimos. 
Coa denominación de Misioneros Vicencianos faise referencia neste artigo ao carisma misioneiro dos Padres Paúis, Fillas da Caridade e Misioneiros Segrares Vicencianos (MISEVI). Unha galería de homes e mulleres de talle excepcional que se encontran alí onde máis se lles necesita --entre os perseguidos, orfos, famentos, enfermos, escravos, encarcerados, humillados... 
Son anunciadores e testemuñas da predilección de Deus polos máis pobres.

17 OUTUBRO: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza

O Día Internacional para a Erradicación da Pobreza foi observado cada ano, a partir de 1993, co propósito de promover maior conciencia sobre as necesidades para erradicar a pobreza e a indixencia en todos os países, en particular nos países en desenvolvemento - necesidade que se converteu nunha das prioridades do desenvolvemento. 
     No Cumio do Milenio, os xefes de estado e de goberno, comprometéronse a reducir a metade, ata o ano 2015, a porcentaxe das persoas que viven na indixencia - cuxos ingresos sexan inferiores a $1 dólar por día. O Día Internacional para a Erradicación da Pobreza pon de relevo a necesidade dunha alianza verdadeiramente mundial na loita contra a pobreza, na que participen de xeito activo tanto os países desenvolvidos coma os países en desenvolvemento.

INICIAMOS CURSO EN JMV

... Como xa vos anunciamos, iniciamos o novo curso de JMV dispostos a dar VIDA....