A CRUZ DE LAMPEDUSA


O 8 de xullo do 2013, a pouco máis de tres meses do inicio do seu pontificado, o Papa Francisco realizou a súa primeira viaxe
apostólico escollendo para iso a illa de Lampedusa. O Papa celebrou a Santa Misa nun altar construído sobre un caiuco naufragado, tendo antes os seus ollos un mar Mediterráneo camiño de converterse nun cemiterio de migrantes. O 3 de outubro dese mesmo ano, produciuse un novo e terrible naufraxio fronte ás costas de Lampedusa. Os falecidos nesta ocasión foron máis de 360. O Papa clamou de novo ante o mundo: «Vergoña! Só me vén a palabra vergoña; é unha vergoña».
O 9 de Abril de 2014 a fundación italiana Casa dello Spirito e delle Arti presentou ao Papa Francisco unha cruz feita con táboas de barcos de inmigrantes naufragados fronte a Lampedusa. O Pontífice bendíxoa e fíxolles un encargo: «Levádea por todas partes». Desde entón, a cruz está a percorrer o mundo para lembrar o drama das migracións e a morte de tantos refuxiados. Agora, a cruz de Lampedusa está en Marín entre o 12 e o 14 de novembro. Cada ano en todos os nosos colexios de España traballamos un valor e xusto este ano toca o do AMOR». E precisamente «a cruz convídanos a sentirnos responsables dos máis necesitados, a servilos con amor, agarimo e proximidade, a acollelos», algo que entronca co lema dos colexios: saber máis para servir mellor. O maior servizo que nós podemos prestar aos inmigrantes e aos necesitados desde os nosos colexios é crear conciencia sobre esta realidade. Non só estamos para dar clases, senón para que facernos conscientes de que hai un mundo ao redor, que todos somos irmáns e que temos que coidar uns doutros. Ese é o obxectivo.
Para nós ha ser un momento de recordo por todos aqueles que perderon a vida en tránsito cara a unha forma de vida máis digna. E tamén unha chamada de atención á nosa responsabilidade persoal, comunitaria e como Igrexa. É o momento de que, como Igrexa, como cristiáns, como vicencianos, digamos BASTA! Nós temos que defender o mandamento do AMOR, de ACOLLER ao forasteiro, VESTIR ao espido, DAR PARA COMER ao famento… A Cruz de Lampedusa lémbranos que o mar Mediterráneo é o maior cemiterio do mundo e que non podemos volver a cara para outro lado para ignorar esa realidade. Sexamos valentes, pensemos cales poden ser os nosos pequenos xestos que fagan realidade a construción dun mundo máis fraterno

Visualizaremos un vídeo e a continuación imos facer un xesto de solidariedade con todos os que ven obrigados a abandonar por forza a súa terra, os seus proxectos, as súas familias... e teñen que pasar por situacións de sufrimento, pobreza, exclusión…

Ver ata o min 18

XESTO:
Imos facer un barquiño de papel fráxil coma as embarcacións dos inmigrantes que perden a súa vida no mar, pero no que queremos que sexan portadores da nosa mensaxe de esperanza e solidariedade. Un compromiso, unha petición de perdón, unha petición persoal, unha reflexión .... 
Deixaremos os nosos barcos ante a cruz que nos lembrara o drama das migracións e a morte de tantos refuxiados. Para que non caia en saco roto a invitación que nos fai o papa Francisco de construír un mundo que non sexa cómplice da “globalización da indiferenza”.
Ante esta cruz… GARDA SILENCIO, REFLEXIONA, REZA, DECIDE QUE PODES FACER TI POR AXUDAR A OUTROS IRMÁNS MÁIS DESFAVORECIDOS.


Mentres facemos o barco e a nosa reflexión podemos visualizar este vídeo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario