Esperta!
Comezan corenta días de oportunidade.
Esperta!
Vive este tempo en camiño, sen instalarte, sen retelo.
Esperta!
Pon un calzado apropiado e revístete de moita paciencia contigo mesmo.
Esperta!
Alixeira a equipaxe, entra convencido no deserto e camiña con paso lixeiro.
Esperta!
Despexa a túa mente, abre o teu corazón.
Esperta!
Énchete de esperanza e do optimismoque dá ás e fai crecer.
Esperta!
Comeza a Coresma.
Nesta
Coresma dáte tempo para traballar a túa mirada,
para
poñer os ollos fixos noutro tempo, a Pascua, un tempo definitivo;
enche
de tenrura e de misericordia as túas entrañas,
deixa
que o Deus que todo o converte e dignifica no amor,
te
converta e e te ame sen medida.
Nesta
Coresma déixate mexer pola brisa do Espírito de Deus:
pon
o teu corazón en sintonía cos seus latexos e berra o berro dos aflixidos,
bebe
da Palabra, da reconciliación, da oración persoal e comunitaria
e
non te deixes enganar polos espellismos do deserto.
Nesta
Coresma baixa de onde esteas aos camiños da vida,
baixa
sen medo e déixate sorprender polo misterio de cada persoa e acontecemento.
Vive
ben esperto, camiña só pero tamén en comunidade,
abastécete
de moita fe, de moita esperanza e de máis amor.
Nesta
Coresma practica o xaxún verdadeiro,
ese
que afasta do consumismo, da crítica e da indiferenza;
suaviza
o teu corazón de pedra e dá paso á sensibilidade,
á
tenrura, á compaixón e á indignación tinguida de propostas.
Nesta
Coresma practica o perdón e a reconciliación,
déixate
acoller e abrazar, perdoar e pacificar;
pecha
a porta á tristura e ao desencanto
e
abre todas as ventás da túa casa ao sol que nace do alto
e
que nos fala de ilusión, de beleza e de solidariedade compartidas.
Nesta
Coresma aproveita e dedica tempo para espertar á conversión,
para
optar ante as tentacións, para descubrir ante a transfiguración,
para
saciar a sede como a samaritana,
para
ser como o cego de nacemento,
para
vivir como Lázaro e para entregarte como Xesús.
É
tempo de Coresma, é o teu tempo. Aprovéitao!
Bo
camiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario