Hoxe, aos seus 98 anos, despedimos a Sor Aurelia Vidal Garrido, a Filla da Caridade que máis anos
conviviu coa nosa comunidade do Colexio La Inmaculada de Marín, no noso pobo, con
cada irmá que viña destinada e con centos de alumnos que por aquí pasamos. Nada
menos que 76 anos!!!
Sor Aurelia, natural do Bierzo pero marinense de adopción
, chegou a Marín en 1.937, con 22 anos. Este foi o seu primeiro e último
destino como relixiosa. Foi toda unha institución docente e destacou polo seu
gran servizo relixioso e educativo, especialmente dando clases de música.
Centos de alumnas e moitos alumnos pasaron polas súas
aulas e son moitos e moitas os que lle deben a súa iniciación ao mundo da
música porque, Sor Aurelia, profesora de solfexo e, sobre todo piano, abriu
coas súas ensinanzas o camiño da vida profesional a gran parte dos que, con
ela, empezaron a dominar a arte do son.
Non era difícil vela polos corredores do colexio, intentando
sortear a “vixianza” das irmás que tanto a querían e coidaban para escapar aos
pianos e tocar esas teclas que, de seguro, a rexuvenecían. O 9 de novembro tocou a súa derradeira peza,
completou a súa partitura e marchou como era ela, silendeira e sen queixa, en
sábado, o día da Virxe, tal e como quería, seguramente para ter acceso directo
ao ceo. E seguro que alí está xa, ao lado da súa querida Virxe, ao carón do seu
Señor ao que durante tantos anos serviu coa súa vocación relixiosa, acompañando a todas as irmás que pasaron pola súa vida. Ata sempre. AVE MARÍA
 |
Sor Aurelia, a terceira da fila superior, nos seus tempos mozos |
No hay comentarios:
Publicar un comentario