O Colexio Inmaculada encheuse este venres
22 de novembro de corazóns solidarios unidos en favor de Filipinas e para axudar na recuperación do
país tras o paso do tifón Haiyan, que
azoutou Filipinas hai dúas semanas, deixando ao seu paso máis de 10.000 falecidos
e a miles de persoas feridas, sen fogar e sen acceso aos servizos básicos, como
a auga ou a hixiene. Os desaparecidos tamén se contan por milleiros.
A nosa comunidade educativa envorcouse de
cheo na iniciativa e co país afectado. A
participación foi enorme. Mareas se solidariedade encheron as gradas e patio do
noso colexio e foron moitos os país e avós que incluso participaron na
carreira. Os menos animados a correr, que non en participar, sumáronse
adquirindo o seu dorsal 000 e foron moitos os anónimos que tamén se sumaron
aportando o seu donativo benéfico.
Ademais, cómpre salientar tamén a
contribución dos pais e nais que organizaron de forma rápida e eficaz un “punto
de repostaxe solidario” e a JMV co seu “tenderete misioneiro” de manualidades
feitas polos propios rapaces e catequistas.
Nós, dende o carisma vicenciano marcado
pola opción aos máis débiles e empobrecidos, non quixemos desaproveitar a
ocasión de achegar o noso gran de área e dar un pouco de esperanza a tanta
xente necesitada. Así mesmo, como educadores vicencianos buscamos concienciar
aos nosos alumnos, dende os máis novos aos maiores, da importancia de colaborar
e tomar a iniciativa nas situación máis difícles e a estarmos sempre dispostos
a colaborar.
Por outra banda, o grupo 7a9Cafyd, coincidindo co inicio do campionato nas categorías
bases de fútbol sala, tamén se uniu á axuda organizando unha campaña para
recadar fondos a favor das vítimas do tifón de Filipinas, habilitando puntos de
recadación nos diferentes choques dos seus equipos e doando a recadación integra do servizo de cafetaría do
partido de Galega Sur.
Moitas grazas a tod@s os que contribuídes
coa vosa aportación e axuda desinteresada.
CANTIDADE RECADADA NA CARREIRA: 1460 € GRAZAS!!!
CANTIDADE RECADADA NA CARREIRA: 1460 € GRAZAS!!!