A Igrexa celebra hoxe a Santa Teresa de Xesús, santa española do século XVI. Seguramente teredes oído falar dela ou mesmo a estudásedes en literatura. Pero agora queremos fixarnos nela porque foi unha verdadeira misioneira da fe. Sabiades que santa Teresa tardou moitos anos da súa vida en converterse e en fiarse de Deus? Pero chegou un momento no que encontrarse con Xesús a cambiou de arriba abaixo e naceu unha persoa nova, auténtica. O centro da súa vida foi a confianza absoluta en Deus, porque sabía que a quería dunha forma moi especial e dende aquel día, esa fe foi para ela o impulso para vivir renovada e con forza renovando o mundo! Simplemente porque sabía que en Deus ía atopar todo, absolutamente todo, o que necesitaba para vivir; por iso dicía "Nada te turbe, nada te espante, quen a Deus ten nada lle falta, só Deus abonda". Así de grande era a confianza que tiña en Deus. Non é impresionante?
![DEPARTAMENTO DE PASTORAL](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg71xfWTWvoh97ZtoHzQeEjcsavzfNN2ECtHZ4PMRsVRUHcdIAvrdy2nAT_t8xlXecoqAmP6cmGMtXsXHYSuRfq-uyr-Akb0GDvvJZ5LSmKhKT1Aj43-34Qg_2S5dYlQlKd56kPFgvCQhA/s1240/logo.jpg)
DEPARTAMENTO DE PASTORAL COLEXIO LA INMACULADA (MARÍN) Nun mundo cheo de interrogantes e de crise e porque estamos chamados a vivir de acordo con aquilo que cremos, queremos anunciar, de modo renovado, a novidade transformadora da Boa Nova de Xesús a toda a comunidade educativa, dende o carisma vicenciano, coma proxecto de vida persoal e comunitario, e coma un compromiso pola xustiza e cos máis pobres.
15 OUTUBRO: SANTA TERESA DE XESÚS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario