Moitos países do hemisferio norte dedican o mes de maio a Santa María
“Re-cordar” é pasar a historia polo filtro do corazón. E de todo corazón evocamos o posto que María ocupa na vida de Xesús e na dos cristiáns
* Na súa Concepción Inmaculada, María revela o amor gratuíto de Deus e a grandeza de Xesús, a “vida mesma que renova todas as cousas”.
* Na súa Anunciación acepta a palabra divina, abraza a vontade de Deus e conságrase a si mesma, como escrava do Señor, á Persoa e á obra do seu Fillo.
* Na súa visita á súa parente Sabela, María é proclamada benaventurada por mor da súa fe na salvación prometida por Deus.
* No nacemento de Xesús en Belén, María, chea de alegría, mostra o seu Fillo aos pastores e aos Magos.
* Na vida pública de Xesús, a súa Nai aparece nas vodas de Caná, movida a misericordia, e máis tarde aprende que son benaventurados os que escoitan e cumpren a palabra de Deus, como ela o facía fielmente.
* Na hora do suplicio de Xesús, María mantén fielmente a unión co seu Fillo ata a na Cruz, e é dada como Nai ao discípulo amado.
* Na espera pentecostal do Espírito, María persevera en oración cos apóstolos e coa pequena comunidade de discípulos de Xesús.
* Finalmente, terminado o curso da vida terrea, María foi elevada á gloria celestial (Asunción) e enaltecida polo Señor como Raíña do Universo.
María forma parte da nosa familia. É para todos nós un espléndido e próximo modelo de fe, de esperanza e de caridade.
Os alumnos de 4º ESO quisieron axudarnos a recorrer este camiño de María, pasando polos principias momentos da súa vida, resumidas en moiitas das súas actitudes: alegría, amor a Deus, sinxeleza, proximidade aos máis necesitados... GRAZAS, MARÍA polas túas ensinanzas.
GRAZAS, ALUMNOS/AS DE 4º ESO POLO VOSO EXCELENTE TRABALLO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario