
Poderías preguntarte: Cales son os meus medos? Que é o que me paraliza na miña vida?
Seguro que hai cousas de ti que necesitan que Xesús resucitado abra e se presente ante ti coma aos discípulos.
Seguro que necesitas que Xesús te encha da súa paz para que goces desa alegría que se sente cando estás en paz contigo mesmo e cos demais. Ese pode ser un sinal do resucitado, sen que faga falta que che ensine as súas mans e o seu costado.
Deixa que Xesús te envíe e te encha da forza do seu espírito que enche de vida e de cor a realidade que te rodea.
Si, Xesús invítanos a poñer cor na nosa vida e na dos demais unha cor de esperanza e de perdón.
Sente a forza do amor e a entrega á que te chama Xesús.
Quizais chegue o momento de preguntarte: Que queres, Señor, de min? Que queres que faga coa miña vida?
Seguro que ten unha resposta e unha misión, algo bo reservado para ti, porque puxo a súa confianza en ti.
Ah! Non esquezas que non estás só, levas dentro de ti a forza do Espírito.