Xesús ora en soidade, entrégase ás mans do Pai para logo pasar ás mans dos seus inimigos. A oración de Xesús por riba de todo é de confianza no amor do Pai e no seu poder. Os discípulos, non obstante, non entenderon nada e quedaron durmidos, alleos á tristura de Xesús. Xesús reprende a Pedro, dicíndolle: Non puideches velar nin sequera unha hora?
Nós, nestes días previos á súa morte, quixemos velar a Xesús, tal e coma El nos dixo:"Velade e orade". Quixemos recordar a Paixón e Morte de Xesús camiñando ao seu lado, con este Via Crucis.
(Se queredes o texto, premede no seguinte enlace): ORACIÓN VIACRUCIS
No hay comentarios:
Publicar un comentario