En
1992, cando tiña dez anos, conseguiu escapar da fábrica, e dedicouse a
denunciar a situación de escravitude en que vivían outros moitos nenos do seu
país, co apoio do sindicato Bhatta Mazdoor Mahaz ("Fronte dos
traballadores de ladrillos").
En
1994 Iqbal gañou o "Premio Reebok á mocidade en acción", outorgado
pola multinacional Reebok (empresa que, pola contra, foi neses mesmos anos
acusada tamén de empregar man de obra infantil1 ).
Iqbal
foi asasinado o 16 de abril de 1995, mentres montaba en bicicleta. En 2000, a
título póstumo, concedéuselle o "Premio dos Nenos do Mundo".
En
1997, Jordi Sierra e Fabra dedicoulle un libro sobre unha aventura, na India,
sobre o traballo infantil: A música do vento.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgmq1sK0Jl0ZOjBXmgSnOKOKILBCtvq81_LafOKQALvUlxKvfzh0ykjdgODztynn2dUnajob8ujPabZiEpSro3fa0XSWW05sT0ggRPxJ66I-E4GO2WBJVdOpgjz8b6SdYRFSLMLCUs1Jd0/s200/Monse%C3%B1or+romero.bmp+4.jpg)
Como
arcebispo, denunciou nas súas homilías dominicais numerosas violacións dos
dereitos humanos e manifestou publicamente a súa solidariedade cara ás vítimas
da violencia política do seu país. O seu asasinato provocou a protesta
internacional en demanda do respecto aos dereitos humanos no Salvador. Dentro
da Igrexa católica consideróuselle un bispo que defendía a "opción preferente
polos pobres". Nunha das súas homilías, Monseñor Romeu afirmou: "A
misión da Igrexa é identificarse cos pobres, así a Igrexa atopa a súa
salvación." (11 de novembro de 1977)
El
é un dos dez mártires do século XX representados nas estatuas da Abadía de
Westminster, en Londres, e foi nomeado ao Premio Nobel da Paz en 1979.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjoGX-SK0KqtwrIHeBQgg94OWzp2LZ77UWgkiqElsXVaO4CfIO002EcbQgWL-7KUu_TgWSuTo1S5WagvgYVQkyE7VNfZJx2SuS4oFUI6nU0OwbeJtW0y7ePdhWH_spt2riRnIf4L1mXEmU/s320/e050db9c8025b4954d78c29c6c86462d882.jpg)
Foi
recoñecido internacionalmente polo seu compromiso cos pobres, a súa predicación
pola liberación dos pobos e o seu traballo en favor da paz. Defensor acérrimo
dos pobres, toda a súa actuación guiouse pola procura dunha alternativa que
superase tanto o comunismo como o capitalismo.
En
certa ocasión, unha familia pobre chamou á porta do arcebispo: Señor bispo, a
policía levou ao noso pai confundido cun bandido. Están pegándolle. Dom Helder
compareceu inmediatamente na delegación. Señor bispo! -exclamou o delegado-
vostede por aquí? Si respondeulle Dom
Helder- vin a buscar o meu irmán?. O seu irmán? Si, está detido aquí. É fulano!
O delegado ordenou a inmediata liberación do preso. Pero, vostedes son tan
diferentes -observou o delegado- na cor da pel e no nome! Sen titubear, Dom
Helder responde: É que somos fillos do mesmo Pai?
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhH2OdMZ5FPAc72-eCbGafAy94oELA9h85YyGAqd2gCZfeq55uQKqKrX_U3S413IgUZjTs5F2xNxf2XoLdmBjsv1TJVYUB784MgcJioMomZKbyn1OPNI9ZW2ZH5T_6wMoPDMH-Dzjk9XrVf/s200/menchu04g.jpg)
É
autora dunha autobiografía titulada Eu, Rigoberta Menchú (1983). Segundo o seu
propio testemuño, desde moi pequena coñeceu as inxustizas, a discriminación e a
explotación á que son sometidos os indíxenas que viven na pobreza extrema en
Guatemala. Comezou a traballar nunha leira de café aos cinco anos, en
condicións tan pésimas que foron a causa da morte de irmáns e amigos seus, así
como da represión da que foi
vítima a súa comunidade por parte de terratenentes e membros do exército de
Guatemala.
Desde
moza involucrouse nas loitas reivindicativas dos pobos indíxenas e campesiños o
que lle valeu persecución política e o exilio. En 1979, foi membro fundadora do
Comité de Unidade Campesiña -CUC- e da Representación Unitaria da Oposición
Guatemalteca -RUOG-, da que formou parte da súa dirección ata 1992.
En
1991 participou na preparación da declaración dos dereitos dos pobos indíxenas
por parte das Nacións Unidas. O Premio Nobel foille outorgado en recoñecemento
ao seu traballo pola xustiza social e reconciliación etno-cultural baseado no
respecto aos dereitos dos indíxenas, coincidindo co quinto centenario da
chegada de Colón a América, e coa declaración de 1993 como Ano Internacional
dos Pobos Indios.
Tutu avogou constantemente pola reconciliación entre
todos os grupos implicados no apartheid, denunciou constantemente ao goberno
branco minoritario pola súa política racista contra a maioría da poboación
negra, pero tamén condenou aos grupos "antiapartheid" que efectuaban
ou propiciaban actuacións violentas e terroristas, como o Congreso Nacional
Africano e diversos grupos de extrema esquerda.
O 15 de outubro de 1984 foille concedido o Premio
Nobel da Paz pola súa constante loita contra o apartheid.
Tras o fin oficial da política de apartheid, Tutu
foi nomeado director da Comisión para a verdade e a reconciliación (Sudáfrica)
creada polo recentemente electo Presidente de Sudáfrica Nelson Mandela.
Actualmente forma parte das 18 personalidades
mundiais que dan apoio á Alianza de Civilizacións. É membro do Comité de Honra
da Coordinación internacional para o Decenio da non-violencia e da paz.
Frases sobre a Paz
Que ninguén se faga ilusións de que
a simple ausencia de guerra, aínda sendo tan desexada, sexa sinónimo dunha paz
verdadeira. Non hai verdadeira paz senón vén acompañada de equidade , verdade,
xustiza, e solidariedade.
A violencia xamais resolve os
conflitos, nin sequera diminúe as súas consecuencias dramáticas.
O diálogo, baseado en sólidas leis
morais, facilita a solución dos conflitos e favorece o respecto da vida, de
toda vida humana. Por iso, o recurso ás armas para dirimir as controversias
representa sempre unha derrota da razón e da humanidade.
Constátase e faise cada día máis
grave no mundo outra seria ameaza para a paz: moitas persoas, é máis,
poboacións enteiras viven hoxe en condicións de extrema pobreza. A desigualdade
entre ricos e pobres fíxose máis evidente, ata nas nacións máis desenvolvidas
economicamente? (Mensaxe do 1/1/93).
Pode existir a paz cando hai homes,
mulleres e nenos que non poden vivir segundo as esixencias da plena dignidade
humana? Pode existir unha paz duradeira nun mundo onde imperan relacións
-sociais, económicas e políticas- que favorecen a un grupo ou país á conta
doutro? Pode establecerse unha paz xenuína sen o recoñecemento efectivo da
sublime verdade de que todos somos iguais en dignidade porque todos fomos
creados a imaxe de Deus, que é o noso Pai? (Mensaxe do 1/1/87).
A paz é un valor dunha importancia
tal que debe ser proclamado unha e outra vez, e promovido por todos. Non existe
ser humano que non se beneficie coa paz. Non existe corazón humano que non
senta aliviado cando reina a paz. As nacións do mundo só poderán realizar
plenamente os seus destinos -que están entrelazados- se todas unidas perseguen
a paz como valor universal. (Mensaxe do 1/1/86).
En favor da persoa, e xa que logo da
paz, é urxente achegar aos mecanismos económicos os correctivos necesarios que
lles permitan garantir unha distribución máis xusta e equitativa dos bens. Para
isto non basta só o funcionamento do mercado; é necesario que a sociedade asuma
as súas responsabilidades, multiplicando os seus esforzos, a miúdo xa
considerables, para eliminar as causas da pobreza coas súas tráxicas
consecuencias. (Mensaxe do 1/1/93) .
No hay comentarios:
Publicar un comentario