Vivimos nun mundo no que
a indiferenza se globalizou. Para transformalo, debemos recuperar, desde a
xustiza e a caridade, o significado máis profundo da solidariedade expresado na
exhortación Evangelii Gaudium, do papa Francisco
Mans Unidas quere traballar en favor dun modelo de sociedade que non exclúa aos débiles, os máis
empobrecidos, os menos dotados. Por
iso, os seus esforzos diríxense a acompañar aos pobres entre os pobres, ao igual que facía san Vicente de Paúl.
Así é que dende JMV non podiamos quedar parados e decidimos poñer o noso gran de area, non só aportando unha cantidade pequeniña de diñeiro, senón sobre todo dende a sensibilización, xa que tivemos a sorte de contar con un misioneiro para todos os alumnos de 5º, 6º, 1º e 2º ESO e despois, dende JMV, tivemos o noso "xantar solidario" no que nos puxemos na pel das persoas dos distintos continentes e a algúns tocounos pasar un rato de fame...
Queremos cambiar o mundo e que sexa mellor para todos. Dende JMV apostamos pola xustiza e a solidariedade. Queremos borrar a pobreza. Nós, apuntámonos. E ti?