
DEPARTAMENTO DE PASTORAL COLEXIO LA INMACULADA (MARÍN) Nun mundo cheo de interrogantes e de crise e porque estamos chamados a vivir de acordo con aquilo que cremos, queremos anunciar, de modo renovado, a novidade transformadora da Boa Nova de Xesús a toda a comunidade educativa, dende o carisma vicenciano, coma proxecto de vida persoal e comunitario, e coma un compromiso pola xustiza e cos máis pobres.
DOMUND 2015
"Como a choiva fina sobre a terra" é expresión do traballo silencioso e escondido dos misioneiros e misioneiras que, como a choiva de primavera, cala no interior dos corazóns.
Son catro obras de misericordia:
a) Ensinar ao que non sabe. A nena, obsesionada coa súa tartaruga Froski, recibe unha lección maxistral dun misioneiro colombiano que vive o desprendemento das cousas e de si mesmo.
b) A misioneira coa pregunta "Viñeches a mirar ou queres axudar?", axuda ao
mozo indiferente a tomar partido na vida e, co seu exemplo, descóbrelle a necesidade de amar con todo o seu corazón a calquera persoa, aínda que sexa a un bebé a piques de morrer.
c) Porque me dá a gana é o argumento da misioneira que perdoa e se desvive cos máis marxinados, aínda que a recompensa non sexa outra que o desprezo.
d) Un pai de familia advirte, na entrega incondicional do misioneiro, que a súa filla enferma é "A moza máis guapa do barrio".
Estas catro historias provocan un cambio de vida nos seus protagonistas:
a) Favorecen e axudan a caer na conta do valor relativo daquelas accións que empequenecen á persoa, cando se encerra en si mesma e nas súas cousas. A vida do misioneiro é unha escola onde os demais aprenden a poñer o corazón nas cousas grandes.
b) Suscitan un amor maduro e calado, lonxe do sentimentalismo ou da procura de compensacións. O amor non é un brote espontáneo ou circunstancial do corazón senón un amor sen medida que se mantén no tempo
c) O amor misericordioso non sabe de acepción de persoas. Por iso é polo que o don do perdón sexa a expresión máis nobre do amor humano, e evanxélico. Pero un perdón que nace da libre vontade de facer posible a fraternidade. Un corazón que perdoa sempre e cantas veces sexan necesarias.
d) É fácil advertir na vida do misioneiro que os seus xestos de misericordia son naturais, non forzados, algo así como o latexo do seu corazón. Así o testifica o taxista ao falar do misioneiro que desde hai trinta anos deixou a súa terra para ser un deles.
FICHA DOMUND ESO
CREATIVOS ATA O INFINITO
O valor que traballaremos este curso será, como xa sabedes o da CREATIVIDADE.
Todos temos a capacidade e medios para ser creativos;
basta CRER. Este curso intentaremos dar renda solta a ese potencial interior que
permite ver e expresar as cousas de forma diferente á
convencional. É urxente espertar este don, a capacidade de expresarse, de crecer e de
sentirse realizados como persoas.
¡CREATIVOS ata o infinito!
TITORÍA PASCUA ESO
DEPARTAMENTO DE PASTORAL - TITORÍA DE PASCUA 2015

Así que, párate a pensar en que posición te encontras ti; Só pensas en ti ou buscas o ben de todos?
ACTIVIDADE: S.O.S.
Imaxinámonos que a Pascua é como un
barco no medio do mar. Dise que estamos a naufragar, que os nosos problemas e
preocupacións nos ocasionaron unha tormenta que nos fixo perder o rumbo, e que
necesitamos auxilio. Por iso imos poñer o noso berro de auxilio nunha botella, para
que o vento e as mareas a leven a onde poidan axudarnos... a Deus mesmo.
Así, cadaquén escribe unha ou dúas actitudes das cales
queira ser rescatados nesta Pascua, é dicir, que actitudes restan na miña vida
e quero eliminar ou converter en actitudes positivas na miña vida.
LECTURA XESÚS RESUCITOU! QUEDA PROHIBIDO… (Anexo)
Oración final (xuntos)
Señor, ensíname a ser xeneroso,
A dar sen calcular,
A devolver ben por mal,
A servir sen esperar recompensa,
A achegarme ao que menos me agrada,
A facer o ben ao que nada pode retribuírme,
A amar sempre gratuitamente,
A traballar sen preocuparme do repouso.
E, ao non ter outra cousa que dar,
A doarme en todo e cada vez máis
A aquel que necesita de min
Esperando só de ti
A recompensa.
O mellor: esperando que Ti mesmo
Sexas a miña recompensa. Amén
Sexas a miña recompensa. Amén

DESDE JMV… FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN!!!!
FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN!!!

A nosa alegría, que explotou na noite da Vixilia Pascual,
non pode conterse... O día de hoxe é un día de festa e xúbilo que resoa por
todos os cantos da terra e que se prolonga durante cincuenta días.
Berremos cheos de alegría, aos catro ventos, que Xesús, o
Señor dos amigos, o Señor dos encontros, o Señor da VIDA Resucitou! Que se nos
note que resucitou tamén en nós, que nos renova por dentro, que nos transforma
e nos dá novos motivos para a VIDA e a ESPERANZA de todos.
JMV E MANS UNIDAS. Campaña 56: Loitamos contra a pobreza, apúntaste?
Vivimos nun mundo no que
a indiferenza se globalizou. Para transformalo, debemos recuperar, desde a
xustiza e a caridade, o significado máis profundo da solidariedade expresado na
exhortación Evangelii Gaudium, do papa Francisco
Mans Unidas quere traballar en favor dun modelo de sociedade que non exclúa aos débiles, os máis
empobrecidos, os menos dotados. Por
iso, os seus esforzos diríxense a acompañar aos pobres entre os pobres, ao igual que facía san Vicente de Paúl.
Así é que dende JMV non podiamos quedar parados e decidimos poñer o noso gran de area, non só aportando unha cantidade pequeniña de diñeiro, senón sobre todo dende a sensibilización, xa que tivemos a sorte de contar con un misioneiro para todos os alumnos de 5º, 6º, 1º e 2º ESO e despois, dende JMV, tivemos o noso "xantar solidario" no que nos puxemos na pel das persoas dos distintos continentes e a algúns tocounos pasar un rato de fame...
Queremos cambiar o mundo e que sexa mellor para todos. Dende JMV apostamos pola xustiza e a solidariedade. Queremos borrar a pobreza. Nós, apuntámonos. E ti?
XORNADAS INCLUSIÓN SOCIAL CO CENTRO JUAN XXIII E PEIXE GALEGO
FELIZ ANO 2015
Como nos portamos ben e fomos bos, os Reis Magos trouxéronnos un montón de fotos das celebracións do Nadal que queremos compartir convosco. Esperamos que disfrutedes delas.


EUCARISTIA NADAL


Suscribirse a:
Entradas (Atom)