
DEPARTAMENTO DE PASTORAL COLEXIO LA INMACULADA (MARÍN) Nun mundo cheo de interrogantes e de crise e porque estamos chamados a vivir de acordo con aquilo que cremos, queremos anunciar, de modo renovado, a novidade transformadora da Boa Nova de Xesús a toda a comunidade educativa, dende o carisma vicenciano, coma proxecto de vida persoal e comunitario, e coma un compromiso pola xustiza e cos máis pobres.
4º DOMINGO DE PASCUA
Etiquetas:
pascua,
Reflexións vídeos
ANXOS ENTRE NÓS
Hai veces que imos pola vida cos "ollos pechados" ou "vendados" (que ten o mesmo efecto). Son aqueles momentos nos que non vemos nada, non temos esperanza, temos medo, sentímonos sós, cremos que non somos importantes para ninguén. Momentos nos que as cousas non nos van ben. Momentos de crise de moitas cousas. Neses momentos pasámolo realmente mal. Normalmente non temos capacidade para ver máis alá de nós mesmos. Neses momentos non estamos para levar a cabo ningunha empresa, ningunha tarefa, ningún compromiso.
Hoxe caemos na conta de que Xesús está ao noso lado sempre, que vive entre nós. E que moitas veces nos decatamos da súa presenza, porque é o "gran anxo" das nosas vidas, que se fai presente por medio de moitas persoas, que -como di a canción de "Presuntos implicados" -son anxos para nós.
Anxos que iluminan o camiño a seguir. Anxos que Deus che envía, que te fan sentir únic@ e preferid@ por Deus. Anxos con miradas transparentes, cheos de amor para compartir. Anxos que acompañan á xente en hospitais, parques... Anxos que van de fronte e non esquivan a túa mirada... Anxos que sendo persoas normais están dispostos a darche a man e o corazón.
Permite que chegue a verdadeira luz á túa vida. Pero non quedes aí... Xesús conta contigo para compartir e deixar que a súa luz chegue aos demais. De aí que sempre nos pida compromisos que repercutan nos demais, facendo o ben neste mundo. Paga a pena entrar na roda de dar sen esperar a cambio. Ir dando, regalando vida aos demais. En definitiva, paga a pena ser anxos para os demais. Ánimo!
Todo isto é posible porque Xesús resucitou!
Non te perdas vivir este agasallo e oportunidade...
Etiquetas:
anxos,
pascua,
Reflexións vídeos
3º DOMINGO DE PASCUA
Etiquetas:
pascua,
Reflexións vídeos
16 DE ABRIL XORNADA INTERNACIONAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL
“Crer no Resucitado é rebelarnos con todas as nosas forzas a que esa inmensa maioría de homes, mulleres e nenos, que só coñeceron nesta vida miseria, humillación e sufrimentos, queden esquecidos para sempre". (José Antonio Pagola).
O 16 de abril de 1995 morría asasinado Iqbal Masih, un neno escravo paquistaní. A súa vida foi un testemuño de loita pola liberación doutros nenos escravos. Ese testemuño é desde entón referente para miles de persoas de boa vontade na súa loita contra a escravitude infantil. O Movemento Cultural Cristián lanzou a campaña internacional contra as causas da escravitude infantil, propondo a toda a opinión pública que o 16 de abril sexa considerado Día Mundial contra a escravitude infantil.
Morreu de verdade Iqbal Masih? Non. Vive en tantos nenos e nenas que hoxe, no século XXI, están condenados nesa mesma experiencia. A escravitude existe e segue movendo13.000millóns de euros ao ano.
Onde
a atopamos
Nas últimas décadas as mafias
de traficantes e contrabandistas introduciron a unhas 35.000 persoas ao ano en
Europa occidental a través de Trieste (Italia). A miles de quilómetros de
Europa, outros grupos de inmigrantes foxen de América Central cara ao “norte”,
cara aos EE.UU. Entre eles un colectivo de grandes dimensións é a infancia.
* Na India e Afganistán, nenos e nenas traballan na industria do ladrillo cargando con pesadas cantidades destes mentres os homes alimentan o lume. Os donos dos fornos recrutan aos nenos entre as familias humildes, ás que prestan diñeiro para a asistencia médica ou a celebración dun funeral. Os intereses desorbitados dos préstamos perpetúan a débeda, que pasa de pais a fillos.
* Brasil, onde os escravos fan o carbón usado na fabricación de aceiro para automóbiles e outras pezas de maquinaria.
* En Myanmar (Birmania), cultivan cana de azucre e outros produtos agrícolas.
* En China, os nenos escravos preparan explosivos e fogos de artificio utilizados na pirotecnia.
* En Serra Leoa, fornécese de escravos para extraer os diamantes das minas.
* Na República Democrática do Congo, moitos nenos son escravizados e explotados na extracción da casiterita e coltán, elementos usados e indispensables para os PC, mp3, teléfonos móbiles e un sen fin de instrumentos que a cotío usamos os/as que habitamos no chamado “primeiro mundo”.
* En Benin e Exipto, os escravos producen algodón. Calcúlase que un millón de nenos son forzados a traballar no sector algodoeiro porque son máis baratos e obedientes que os adultos e teñen a estatura idónea para inspeccionar as plantas de algodón.
* En Costa do Marfil, uns 12.000 nenos recollen as sementes do cacao que se exportan para a elaboración do chocolate.
...122
produtos feitos con traballo forzoso e infantil en 58 países de todo o
planeta, desde Arxentina a Uzbekistán.
|
En
España?
Indirectamente esta escravitude entra a formar parte da nosa vida de cada día. De feito, pode ser que os plátanos que comemos e o café que gustamos estean empapados da suor de moitos nenos e nenas latinoamericanos/as ou africanos/as. Pode ser que as alfombras que pisamos estean tecidas por escravos adultos ou nenos paquistanís; cortinas, camisas, xoias e outros manufacturados poderían ser froito do traballo oculto e forzado de menores da India; balóns e xoguetes dos nosos nenos poderían gotear sangue de tantos menores asiáticos e caribeños.
As escravitudes cambiaron. evolucionaron as formas de violencia, de constrición, de transporte, de rescate, de compra, de explotación e de venda das vítimas. Actualmente esta moi unida ao comercio de seres humanos, mulleres e nenos, o que se chama a “trata de persoas”.
A
“Convención sobre os Dereitos do Neno” cuxo texto foi aprobado pola Asemblea Xeral das
Nacións Unidas en 1989 e, ratificada por 193 países, recolle os dereitos
económicos, sociais, culturais, civís e políticos de todos os nenos. A
escravitude é a negación dos dereitos humanos fundamentais e condena millóns de menores a:
§ Vivir sen recursos elementais como o dereito
á vida digna: alimento, sanidade, educación.
§ Experimentar as consecuencias das guerras,
carestías e persecucións existentes nos países de orixe.
§ Ser explotados no campo do traballo.
§ Sufrir abusos
sexuais, tráfico de órganos.
§ Ser nenos soldados.
A escravitude converteuse nun gran negocio mundial
|
Desde
a Palabra de Deus
Deus, que decidiu liberar a Israel da súa escravitude en Exipto (Ex 3, 7-10 , 6,6), non tolera a explotación de persoas indefensas. O Deus de Israel identifícase cos pobres, orfos e viúvas, cos que eran vítimas fáciles de explotación (Ex 22, 20 e 23,9, Deut 10,19). Está nas entrañas de Deus responder ao berro dos oprimidos e oporse aos poderosos que explotan aos débiles (1 Sam 10,18; Sae 146, 7-8, Prol 14).
Xesús recoñeceu que a súa
propia misión era “levar a Boa Nova aos pobres, proclamar a liberdade aos
cativos, dar liberdade aos oprimidos”? (Lc 4,18).
Mirada profética
“Queremos escoitar
a voz de Deus no laio dos millóns de nenos e nenas que se debaten entre a
vida e a morte e nos gritos da súa humanidade aldraxada. E aí, permanecer en
pé coa sensibilidade ben aberta, sostendo o tirón de buscar con outros e outras
como facer histórico o soño de Deus sobre esta parte fráxil da humanidade
compartindo xuntos compaixón e indignación, contemplación e esforzo, escoitando as ansias profundas da humanidade
de que outro mundo é posible, recoñecendo que ese é o anhelo mesmo de Deus,
porque Deus é o Deus do mundo e nada do humano lle é alleo”.
(Pilar Wirtz e Mª
José Torres, “Que vida relixiosa para outro mundo posible”, Revista Confer nº
174, vol. 45, 2006).
|
Aínda
resoa en nós a pregunta que se facían as mulleres mentres se dirixían ao
sepulcro onde enterraran o corpo de Xesús: “Como poderemos mover unha pedra tan
pesada?” (Mc16,3). Esa pedra que impide a solidariedade, a xustiza que
imposibilita o dereito a unha vida digna, o dereito á educación, ao xogo, a
gozar dos afectos familiares, o dereito á saúde e a todos os dereitos da
Infancia que se escriben nas lexislacións internacionais.
Non hai que escatimar ningún esforzo para instar, ás autoridades civís as súas responsabilidades, para combater estas inxustizas e brindar a todos os nenos e nenas a protección legal que merecen por xustiza.
FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN
Xesús, o Resucitado, ábrenos o camiño. Vai diante,acompáñanos, é a luz que guía, a verdade que alegra e o camiño polo que estamos chamados a camiñar. Xesús abre camiño.
Que fariamos nós se El non fose diante? Se o seu Espírito non estivese presente na súa Igrexa, nas nosas comunidades, nas nosas familias, nas nosas misións e tarefas?
Por iso El vai diante e, ao mesmo tempo, é capaz de permanecer ao noso lado, é quen de quedar xunto ao que máis necesita a súa presenza, a súa palabra e os seus xestos de complicidade.
Camiñemos, pois, coa certeza de que non o facemos sós, senón ben acompañados!
Camiñemos, pois, coa certeza de que Él é, de verdade, a Verdade da nosa vida!
Camiñemos, pois, coa certeza de que o camiño que temos por diante o inaugurou quen agora nos acompaña! (Óscar Alonso)
FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN!!!!
A Pascua segundo twitter.....
Algo así podería ter sido... para que logo digamos que isto das redes sociais non hai por onde collelo.... ¡Feliz Pascua!
Que fariamos nós se El non fose diante? Se o seu Espírito non estivese presente na súa Igrexa, nas nosas comunidades, nas nosas familias, nas nosas misións e tarefas?
Por iso El vai diante e, ao mesmo tempo, é capaz de permanecer ao noso lado, é quen de quedar xunto ao que máis necesita a súa presenza, a súa palabra e os seus xestos de complicidade.
Camiñemos, pois, coa certeza de que non o facemos sós, senón ben acompañados!
Camiñemos, pois, coa certeza de que Él é, de verdade, a Verdade da nosa vida!
Camiñemos, pois, coa certeza de que o camiño que temos por diante o inaugurou quen agora nos acompaña! (Óscar Alonso)
FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN!!!!
A Pascua segundo twitter.....
Algo así podería ter sido... para que logo digamos que isto das redes sociais non hai por onde collelo.... ¡Feliz Pascua!
Etiquetas:
pascua,
Reflexións vídeos
CHARLA CON SOR ELVIRA E SOR CELSA
Elas estiveron con todos os alumnos do centro, desde Infantil ata a ESO comentando a súa tarefa e respondendo ás preguntas que lles formulaban os alumnos, relativas á súa vocación, ás súas dificultades nos seus respectivos destinos, ao que máis lles gusta do seu traballo,.... Entre outras respostas, ambas coincidiron en que o mellor regalo para elas era, ao igual que para San Vicente, socorrer ao pobre, saber que o que facían era bo para alguén, ver o sorriso e a gratitude de quen é axudado e saber que neles está Xesús.
Para nós foi un gran regalo a súa visita e as súas palabras, ver a Sor Celsa tan ilusionada co seu traballo no Comedor, sempre tan doce e cercana a todos; e ver a Sor Elvira, cos seus "oitentaemoitos" semptre tan vital e dispoñible... Que dicir? Oxalá algún día todos fajamos o ben coa fe e o cariño que ellas mostran no seu bo facer diario.
Etiquetas:
maratón céntimos,
semana vocación misión,
solidariedade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)