JMV E MANS UNIDAS. Campaña 56: Loitamos contra a pobreza, apúntaste?

Vivimos nun mundo no que a indiferenza se globalizou. Para transformalo, debemos recuperar, desde a xustiza e a caridade, o significado máis profundo da solidariedade expresado na exhortación Evangelii Gaudium, do papa Francisco
En 2015 Mans Unidas inicia a Campaña 56 co lema “Loitamos contra a pobreza, apúntaste?, que recolle o traballo desta ONG dos últimos oito anos, no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, e trata de abrir novos camiños na loita contra a pobreza.
Mans Unidas quere traballar en favor dun modelo de sociedade que non exclúa aos débiles, os máis empobrecidos, os menos dotados. Por iso, os seus esforzos diríxense a acompañar aos pobres entre os pobres, ao igual que facía san Vicente de Paúl.
Así é que dende JMV non podiamos quedar parados e decidimos poñer o noso gran de area, non só aportando unha cantidade pequeniña de diñeiro, senón sobre todo dende a sensibilización, xa que tivemos a sorte de contar con un misioneiro para todos os alumnos de 5º, 6º, 1º e 2º ESO  e despois, dende JMV, tivemos o noso "xantar solidario" no que nos puxemos na pel das persoas dos distintos continentes e a algúns tocounos pasar un rato de fame... 
Queremos cambiar o mundo e que sexa mellor para todos. Dende JMV apostamos pola xustiza e a solidariedade. Queremos borrar a pobreza. Nós, apuntámonos. E ti?