FESTIVAL DE PANXOLIÑAS 2014

TÓMBOLA MISIONERA

Dende o ano pasado, un grupo de nais e pais do noso centro está moi implicado na nota vicenciana propia do noso carisma: a axuda ao pobre. É así que son eles, animados por sor Dolores Pascual, os encargados de organizar e coordinar a tómbola misioneira que ten un gran éxito especialmente entre os máis pequenos.
Graciñas polo voso entusiasmo e dedicación, por axudarnos nesta tarefa de educar persoas solidarias que traballen pola construción do Reino, do reino do Amor.


 









PASO ETAPA JMV

O pasado 3 de decembro celebramos o paso de etapa de JMV. Os rapaces, dende 4º EP ata Bacharelato, estiveron acompañados das súas catequistas e da Hermana delegada.

Foi unha celebración sinxela, onde algúns alumnos leron as súas cartas e expuxeron o motivo que lle impulsa a pasar de etapa e dar un paso máis dentro da asociación JMV.

Entregáronselles os símbolos correspondentes a cada etapa para que os conserven orgullosos de ser novos cristiáns ao estilo de María e Vicenciano ao servizo dos máis pobres.