UN ANO MÁIS… SIIIIIII. GRAZAS

Nunha data tan sinalada como é  25 de marzo, un grupo de profesores e alumnos irrompemos na sala de Comunidade das Irmás e en nome de todo o alumnado e de todo o profesorado, tivemos un pequeno acto para felicitalas neste día tan importante, no que dicían SI un ano máis ante o noso Pai Deus; quixemos así mesmo, darlles as grazas polo labor que desenvolven no noso pobo.
Marín non sería o mesmo sen as Fillas da Caridade, sen este máis dun século de servizo:
. Educando a varias xeracións,
. Axudando aos máis necesitados,
. Dando amor por todas as partes.

Por esa entrega aos demais, por permitirnos traballar e aprender neste colexio, por ser parte desta Comunidade Educativa, por ser exemplo para todos nós, e por moito máis…  Grazas, mil grazas. Felicidades. 




CELEBRANDO A SEMANA VOCACIONAL 2014

Como cada ano celebramos a Semana Vocación Misión que conclúe o día 15 de marzo coa Festa de Santa Luisa de Marillac, cofundadora das Fillas da Caridade.
Este ano fixémolo dunha forma especial. Empezamos o xoves despois de de cinza cunha celebración para os máis pequenos na que reflexionaron sobre como debemos cambiar para transformar o mundo. Marcharon da celebración cunha cruz de cores na fronte que simbolizaba a alegría da compromiso da conversión e o compromiso de ser cada día un pouco mellores.
O luns comezamos a semana vocacional con convivencias dende 1º a 4º de ESO e 6º de Primaria, cada día un  curso e compartindo cos mesmos cursos de alumnos de San Narciso, o colexio anfitrión. Tivemos un animador de excepción, o Padre José Luis Castillo, que estivo toda semana connosco compartindo VIDA e ilusión, axudando aos alumnos (e mestres) a profundar sobre o sentido da nosa vocación humana e cristiá. Cada día rematabamos, como non, celebrabdo a Vida na celebración da eucaristía. Neste mesmo marco, o martes pola tarde o P. José Luis estivo pola tarde cos profes e o mércores animou os grupos de JMV. O venres rematou a súa "maratón" cunha Eucaristía cos alumnos de 3º a 5º de Primaria e cun grupo de pais que se animaron a participar. Esperamos contar con el en máis ocasións.
Ademais, esta semana, dentro da faceta da misión e como vicencianos, iniciamos a dinámica das "Mans solidarias", camiñando cara á Pascua, conducindo cara a unha misión: Guinea. É a nosa forma de dicir SI á vida, de sensibilizarnos cos que menos teñen e participando na misión de amor herdeiros do carisma de San Vicente de Paúl e de Santa Luísa de Marillac.

8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para celebrar o Día Internacional da Muller, unímonos ás nosas irmás (e irmáns) en todo o mundo, recordando que "o coidado que temos un polo outro nos leva a comprometernos coa dor e o sufrimento de todas as persoas e a creación" 


A Muller que está ao teu lado
Mirade ao redor Irmás, miren ao seu redor!
QUEN É A MULLER SENTADA ao teu lado?
A muller xunto a ti é un depósito inesgotable de posibilidades ...
Con posibilidades que nunca foron completamente realizadas...
Chea de necesidade e posibilidade... medo e desexo... sorrí e engurra o cello.. risas e bágoas... temores e esperanzas...
todas loitando por atopar a súa expresión.

A muller que está ao teu lado esfórzase por CHEGAR A Ser algo particular,
chegar a algún destino ... ter unha historia ... unha canción ...
ser coñecida e coñecer ...

A muller que está ao teu lado cre en algo ...
algo precioso ...
soporta por algo ... conta por algo ...
vive por algo ...
corre cara a algo.

A muller que está xunto a ti... ten problemas e temores, e pregúntase como o está facendo ...
e moitas veces non se sente moi ben ao respecto ...
a miúdo é desorganizada e ás veces está cerca do caos ...
pero dotada de gran fortaleza fronte á adversidade ...
e capaz de sobrevivir a grandes dificultades.

A muller que está xunto a ti é unha colonia de persoas ...
persoas que atopou no traxecto da súa vida ...
pai e nai, amigo e inimigo.
A muller que está ao teu lado ten algo que fai ben ...
algo que pode facer mellor que ninguén no mundo enteiro ...
hai algo que ela e só ela pode facer ... pero non se atreven a dicircho.

A muller que está ao teu lado pode vivir contigo, non só estar ao teu lado... ela pode vivir, non só para ela senón para ti tamén...
ela pode confortarte, atoparte, entenderte se iso é o que queres... e á súa vez, ela ha de ser entendida tamén.

A muller que está xunto a ti... non pode ser plenamente entendida...
ela é máis que calquera descrición ou explicación ...
nunca pode ser totalmente controlada, nin debería selo.
A muller xunto a ti é un misterio...
e a Palabra feita carne é un MISTERIO. 


PREGÓN CORESMAL

Esperta! Comeza a Coresma.
Esperta! Comezan corenta días de oportunidade.
Esperta! Vive este tempo en camiño, sen instalarte, sen retelo.
Esperta! Pon un calzado apropiado e revístete de moita paciencia contigo mesmo.
Esperta! Alixeira a equipaxe, entra convencido no deserto e camiña con paso lixeiro.
Esperta! Despexa a túa mente, abre o teu corazón.
Esperta! Énchete de esperanza e do optimismoque dá ás e fai crecer.
Esperta! Comeza a Coresma.

Nesta Coresma dáte tempo para traballar a túa mirada,
para poñer os ollos fixos noutro tempo, a Pascua, un tempo definitivo;
enche de tenrura e de misericordia as túas entrañas,
deixa que o Deus que todo o converte e dignifica no amor,
te converta e e te ame sen medida.

Nesta Coresma déixate mexer pola brisa do Espírito de Deus:
pon o teu corazón en sintonía cos seus latexos e berra o berro dos aflixidos,
bebe da Palabra, da reconciliación, da oración persoal e comunitaria
e non te deixes enganar polos espellismos do deserto.

Nesta Coresma baixa de onde esteas aos camiños da vida,
baixa sen medo e déixate sorprender polo misterio de cada persoa e acontecemento.
Vive ben esperto, camiña só pero tamén en comunidade,
abastécete de moita fe, de moita esperanza e de máis amor.

Nesta Coresma practica o xaxún verdadeiro,
ese que afasta do consumismo, da crítica e da indiferenza;
suaviza o teu corazón de pedra e dá paso á sensibilidade,
á tenrura, á compaixón e á indignación tinguida de propostas.

Nesta Coresma practica o perdón e a reconciliación,
déixate acoller e abrazar, perdoar e pacificar;
pecha a porta á tristura e ao desencanto
e abre todas as ventás da túa casa ao sol que nace do alto
e que nos fala de ilusión, de beleza e de solidariedade compartidas.

Nesta Coresma aproveita e dedica tempo para espertar á conversión,
para optar ante as tentacións, para descubrir ante a transfiguración,
para saciar a sede como a samaritana,
para ser como o cego de nacemento,
para vivir como Lázaro e para entregarte como Xesús.

É tempo de Coresma, é o teu tempo. Aprovéitao!
Bo camiño.