CARREIRA XTREM SOLIDARIA PRO-FILIPINAS 2013


O Colexio Inmaculada encheuse este venres 22 de novembro de corazóns solidarios unidos en favor de Filipinas e para axudar na recuperación do país tras o paso do tifón Haiyan,  que azoutou Filipinas hai dúas semanas, deixando ao seu paso máis de 10.000 falecidos e a miles de persoas feridas, sen fogar e sen acceso aos servizos básicos, como a auga ou a hixiene. Os desaparecidos tamén se contan por milleiros.
A nosa comunidade educativa envorcouse de cheo na iniciativa e  co país afectado. A participación foi enorme. Mareas se solidariedade encheron as gradas e patio do noso colexio e foron moitos os país e avós que incluso participaron na carreira. Os menos animados a correr, que non en participar, sumáronse adquirindo o seu dorsal 000 e foron moitos os anónimos que tamén se sumaron aportando o seu donativo benéfico.
Ademais, cómpre salientar tamén a contribución dos pais e nais que organizaron de forma rápida e eficaz un “punto de repostaxe solidario” e a JMV co seu “tenderete misioneiro” de manualidades feitas polos propios rapaces e catequistas.
Nós, dende o carisma vicenciano marcado pola opción aos máis débiles e empobrecidos, non quixemos desaproveitar a ocasión de achegar o noso gran de área e dar un pouco de esperanza a tanta xente necesitada. Así mesmo, como educadores vicencianos buscamos concienciar aos nosos alumnos, dende os máis novos aos maiores, da importancia de colaborar e tomar a iniciativa nas situación máis difícles e a estarmos sempre dispostos a colaborar.
Por outra banda, o grupo 7a9Cafyd, coincidindo co inicio do campionato nas categorías bases de fútbol sala, tamén se uniu á axuda organizando unha campaña para recadar fondos a favor das vítimas do tifón de Filipinas, habilitando puntos de recadación nos diferentes choques dos seus equipos e doando a recadación integra do servizo de cafetaría do partido de Galega Sur.

Moitas grazas a tod@s os que contribuídes coa vosa aportación e axuda desinteresada.
CANTIDADE RECADADA NA CARREIRA: 1460 € GRAZAS!!!



FALAN DE NÓS:

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/292295.html

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2013/11/22/deporte-base-solidariza-victimas-tifon/918850.html

SÚMATE ÁS 24 HORAS. ACENDE A CHAMA






Co sinxelo xesto de acender a luz dunha vela queremos iluminar un mundo que deixa na sombra a millóns de persoas cada día.

Únete a este reto, e o 21 de novembro, a marea de luz e de solidariedade promovida por Mans Unidas percorrerá o planeta como símbolo da promesa dun mundo mellor. MOITAS GRAZAS!

24 HORAS QUE MOVEN O MUNDO


















RECORDANDO A SOR AURELIA


Hoxe, aos seus 98 anos, despedimos a Sor Aurelia Vidal Garrido, a Filla da Caridade que máis anos conviviu coa nosa comunidade do Colexio La Inmaculada de Marín, no noso pobo, con cada irmá que viña destinada e con centos de alumnos que por aquí pasamos. Nada menos que 76 anos!!!
Sor Aurelia, natural do Bierzo pero marinense de adopción , chegou a Marín en 1.937, con 22 anos. Este foi o seu primeiro e último destino como relixiosa. Foi toda unha institución docente e destacou polo seu gran servizo relixioso e educativo, especialmente dando clases de música.
Centos de alumnas e moitos alumnos pasaron polas súas aulas e son moitos e moitas os que lle deben a súa iniciación ao mundo da música porque, Sor Aurelia, profesora de solfexo e, sobre todo piano, abriu coas súas ensinanzas o camiño da vida profesional a gran parte dos que, con ela, empezaron a dominar a arte do son.

Non era difícil vela polos corredores do colexio, intentando sortear a “vixianza” das irmás que tanto a querían e coidaban para escapar aos pianos e tocar esas teclas que, de seguro,  a rexuvenecían. O 9  de novembro tocou a súa derradeira peza, completou a súa partitura e marchou como era ela, silendeira e sen queixa, en sábado, o día da Virxe, tal e como quería, seguramente para ter acceso directo ao ceo. E seguro que alí está xa, ao lado da súa querida Virxe, ao carón do seu Señor ao que durante tantos anos serviu coa súa vocación relixiosa, acompañando a todas as irmás que pasaron pola súa vida. Ata sempre. AVE MARÍA

Sor Aurelia, a terceira da fila superior, nos seus tempos mozos