PAZ PARA TODOS E DE VERDADE

A forza dunha aperta .... e do perdón, son outra maneira de pedir PAZ

CRISTIÁN POLA PAZ E LOITA CONTRA A ESCRAVITUDE


Iqbal Masih, (1982 - 16 de abril de 1995) foi un neno paquistaní, escravizado nunha fábrica de alfombras. Asasinado en 1995, converteuse nun símbolo da loita contra a explotación infantil.  Iqbal foi cedido a un fabricante de alfombras polo seu  pai, a cambio dun préstamo de 600 rupias (equivalente a uns 12 dólares estadounidenses) que este necesitaba para facer fronte aos gastos da voda do seu fillo maior. Iqbal foi obrigado a realizar xornadas laborais de máis de doce horas, durante as cales foi encadeado ao tear e golpeado en varias ocasións. Co tempo, os intereses da débeda do seu pai fóronse incrementando, polo que na práctica, Iqbal permaneceu varios anos na escravitude. As durísimas condicións que debeu soportar afectaron ao seu crecemento, e aos doce anos de idade tiña a estatura dun neno de seis. 
En 1992, cando tiña dez anos, conseguiu escapar da fábrica, e dedicouse a denunciar a situación de escravitude en que vivían outros moitos nenos do seu país, co apoio do sindicato Bhatta Mazdoor Mahaz ("Fronte dos traballadores de ladrillos").
En 1994 Iqbal gañou o "Premio Reebok á mocidade en acción", outorgado pola multinacional Reebok (empresa que, pola contra, foi neses mesmos anos acusada tamén de empregar man de obra infantil1 ).
Iqbal foi asasinado o 16 de abril de 1995, mentres montaba en bicicleta. En 2000, a título póstumo, concedéuselle o "Premio dos Nenos do Mundo".
En 1997, Jordi Sierra e Fabra dedicoulle un libro sobre unha aventura, na India, sobre o traballo infantil: A música do vento.

Óscar Romero : (O Salvador, 15 de agosto de 1917, 24 de marzo de 1980) coñecido como Monseñor Romeu, foi un sacerdote católico salvadoreño e o cuarto arcebispo metropolitano de San Salvador (1977-1980). Volveuse soado pola súa predicación en defensa dos dereitos humanos e morreu asasinado no exercicio do seu ministerio pastoral.
            Como arcebispo, denunciou nas súas homilías dominicais numerosas violacións dos dereitos humanos e manifestou publicamente a súa solidariedade cara ás vítimas da violencia política do seu país. O seu asasinato provocou a protesta internacional en demanda do respecto aos dereitos humanos no Salvador. Dentro da Igrexa católica consideróuselle un bispo que defendía a "opción preferente polos pobres". Nunha das súas homilías, Monseñor Romeu afirmou: "A misión da Igrexa é identificarse cos pobres, así a Igrexa atopa a súa salvación." (11 de novembro de 1977)
            El é un dos dez mártires do século XX representados nas estatuas da Abadía de Westminster, en Londres, e foi nomeado ao Premio Nobel da Paz en 1979.

Hélder Câmara: (7 de febreiro de 1909 en Fortaleza, Brasil - Recife, 27 de agosto de 1999) Bispo brasileiro, arcebispo emérito de Olinda e Recife e teólogo da liberación. Foi un dos fundadores da Conferencia Nacional de Bispos de Brasil (CNBB) e defensor dos dereitos humanos durante a ditadura militar brasileira. Pola súa actuación recibiu numerosos premios nacionais e internacionais, sendo o único brasileiro candidato catro veces ao Premio Nobel da Paz.
Foi recoñecido internacionalmente polo seu compromiso cos pobres, a súa predicación pola liberación dos pobos e o seu traballo en favor da paz. Defensor acérrimo dos pobres, toda a súa actuación guiouse pola procura dunha alternativa que superase tanto o comunismo como o capitalismo.
En certa ocasión, unha familia pobre chamou á porta do arcebispo: Señor bispo, a policía levou ao noso pai confundido cun bandido. Están pegándolle. Dom Helder compareceu inmediatamente na delegación. Señor bispo! -exclamou o delegado- vostede por aquí? Si  respondeulle Dom Helder- vin a buscar o meu irmán?. O seu irmán? Si, está detido aquí. É fulano! O delegado ordenou a inmediata liberación do preso. Pero, vostedes son tan diferentes -observou o delegado- na cor da pel e no nome! Sen titubear, Dom Helder responde: É que somos fillos do mesmo Pai?

Rigoberta Menchú: (Guatemala, 9 de xaneiro de 1959) é unha líder indíxena guatemalteca e defensora dos dereitos humanos, membro do grupo Quiché-Maya. É Embaixadora de Boa Vontade da Unesco e gañadora do Premio Nobel da Paz e o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.
            É autora dunha autobiografía titulada Eu, Rigoberta Menchú (1983). Segundo o seu propio testemuño, desde moi pequena coñeceu as inxustizas, a discriminación e a explotación á que son sometidos os indíxenas que viven na pobreza extrema en Guatemala. Comezou a traballar nunha leira de café aos cinco anos, en condicións tan pésimas que foron a causa da morte de irmáns e amigos seus, así como da represión  da que foi vítima a súa comunidade por parte de terratenentes e membros do exército de Guatemala.
            Desde moza involucrouse nas loitas reivindicativas dos pobos indíxenas e campesiños o que lle valeu persecución política e o exilio. En 1979, foi membro fundadora do Comité de Unidade Campesiña -CUC- e da Representación Unitaria da Oposición Guatemalteca -RUOG-, da que formou parte da súa dirección ata 1992.
            En 1991 participou na preparación da declaración dos dereitos dos pobos indíxenas por parte das Nacións Unidas. O Premio Nobel foille outorgado en recoñecemento ao seu traballo pola xustiza social e reconciliación etno-cultural baseado no respecto aos dereitos dos indíxenas, coincidindo co quinto centenario da chegada de Colón a América, e coa declaración de 1993 como Ano Internacional dos Pobos Indios.

Desmond Tutu : É un clérigo e pacifista surafricano que adquiriu fama internacional durante a década de 1980 por mor da súa oposición ao Apartheid. Tutu foi o primeiro surafricano negro en ser elixido e ordenado como Arcebispo Anglicano de Cidade do Cabo (Sudáfrica).
Tutu avogou constantemente pola reconciliación entre todos os grupos implicados no apartheid, denunciou constantemente ao goberno branco minoritario pola súa política racista contra a maioría da poboación negra, pero tamén condenou aos grupos "antiapartheid" que efectuaban ou propiciaban actuacións violentas e terroristas, como o Congreso Nacional Africano e diversos grupos de extrema esquerda.
O 15 de outubro de 1984 foille concedido o Premio Nobel da Paz pola súa constante loita contra o apartheid.
Tras o fin oficial da política de apartheid, Tutu foi nomeado director da Comisión para a verdade e a reconciliación (Sudáfrica) creada polo recentemente electo Presidente de Sudáfrica Nelson Mandela.
Actualmente forma parte das 18 personalidades mundiais que dan apoio á Alianza de Civilizacións. É membro do Comité de Honra da Coordinación internacional para o Decenio da non-violencia e da paz.

Xoán Paulo II : Karol Wojtyła (Polonia, 18 de maio de 1920Cidade do Vaticano, 2 de abril de 2005 foi o 264.º papa da Igrexa católica entre 1978 y 2005.

Frases sobre a Paz
            Que ninguén se faga ilusións de que a simple ausencia de guerra, aínda sendo tan desexada, sexa sinónimo dunha paz verdadeira. Non hai verdadeira paz senón vén acompañada de equidade , verdade, xustiza, e solidariedade.

            A violencia xamais resolve os conflitos, nin sequera diminúe as súas consecuencias dramáticas.

            O diálogo, baseado en sólidas leis morais, facilita a solución dos conflitos e favorece o respecto da vida, de toda vida humana. Por iso, o recurso ás armas para dirimir as controversias representa sempre unha derrota da razón e da humanidade.

            Constátase e faise cada día máis grave no mundo outra seria ameaza para a paz: moitas persoas, é máis, poboacións enteiras viven hoxe en condicións de extrema pobreza. A desigualdade entre ricos e pobres fíxose máis evidente, ata nas nacións máis desenvolvidas economicamente? (Mensaxe do 1/1/93).

            Pode existir a paz cando hai homes, mulleres e nenos que non poden vivir segundo as esixencias da plena dignidade humana? Pode existir unha paz duradeira nun mundo onde imperan relacións -sociais, económicas e políticas- que favorecen a un grupo ou país á conta doutro? Pode establecerse unha paz xenuína sen o recoñecemento efectivo da sublime verdade de que todos somos iguais en dignidade porque todos fomos creados a imaxe de Deus, que é o noso Pai? (Mensaxe do 1/1/87).

            A paz é un valor dunha importancia tal que debe ser proclamado unha e outra vez, e promovido por todos. Non existe ser humano que non se beneficie coa paz. Non existe corazón humano que non senta aliviado cando reina a paz. As nacións do mundo só poderán realizar plenamente os seus destinos -que están entrelazados- se todas unidas perseguen a paz como valor universal. (Mensaxe do 1/1/86).

            En favor da persoa, e xa que logo da paz, é urxente achegar aos mecanismos económicos os correctivos necesarios que lles permitan garantir unha distribución máis xusta e equitativa dos bens. Para isto non basta só o funcionamento do mercado; é necesario que a sociedade asuma as súas responsabilidades, multiplicando os seus esforzos, a miúdo xa considerables, para eliminar as causas da pobreza coas súas tráxicas consecuencias. (Mensaxe do 1/1/93) . 

INFANCIA MISIONEIRA 2012




"Cos nenos de América... É a cuarta etapa do percorrido que están a facer os nenos de Infancia Misioneira polos cinco continentes. É a quenda de América. Un continente máis próximo para os nenos de España, pola proximidade de tantos nenos americanos que, por efecto da emigración, se encontran no noso país. Nestes anos viviron a tripla experiencia de "buscar", "encontrar" e "seguir" a Xesús. Agora...
... falamos de Xesús" Os que tiveron a graza de encontrar e seguir a Xesús viviron unha experiencia irrepetible. É a condición do discípulo: unha vez viu o Señor, anúnciallo aos demais. Comunica o que viu e oíu. Así o fixeron os apóstolos, que tiveron a dita de convivir con Él. É a razón pola que un misioneiro sae da súa terra para dicir a outros o que lle pasou con Xesús. O neno de Infancia Misioneira é "misioneiro" porque conta a outros a súa amizade con Xesús.

XORNADA MUNDIAL DAS MIGRACIÓNS 2012

“Saiamos ao encontro, abramos as portas”
Meu Deus, creador do ceo e da terra, oe a miña oración. Atende a miña súplica.
Soamente pido que a túa xustiza se practique. Son o teu fillo, son a túa filla. Busco só unha oportunidade para prover á miña familia de comida, roupa, teito, seguridade. No lugar de onde veño, estas oportunidades son moi limitadas. En busca de oportunidades, cruzo fronteiras creadas por homes. Viaxo a través de ríos e desertos desafiando enfermidade, deshidratación, incluso a morte. Ao cruzar a fronteira, vólvome invisible. Teño dous ou tres traballos que nin sequera pagan salario mínimo. Apenas teño tempo para durmir. Dáme descanso, Señor. Oe a miña suplica. Respóndeme pola túa xustiza. Hai moitos que non me ven como fillo de Deus. Non queren recoñecer o meu valor e dignidade como criatura túa.
O inimigo perségueme, o inimigo da xustiza. O inimigo da nosa común humanidade. Fuxo cara ás sombras, habito nas tebras.Viaxo por terra estéril buscando oportunidade. Onde estás cando me vexo forzado a facer esta viaxe? Onde estás cando me perseguen por iso? Onde estás, meu Deus? Escoita os meus rogos, oe a miña oración. Este país foi fundado e prosperou polo labor de inmigrantes coma min. Axúdame a saber que non sempre serei perseguido. Corazóns foron cambiados, actitudes foron cambiadas. Escoita os meus rogos, oe a miña oración. Estendo as miñas mans, esperando aquilo que se me prometeu: un futuro, unha esperanza. A miña alma, como o deserto que cruzo, está sedenta. Empápame coa dignidade de ser recoñecido como o que son: un irmán, unha irmá, un fillo ou filla de Deus. Manda choivas, Señor, que sacien a sede da miña alma. Manda choivas, Señor.
Hai familias separadas. Ao pasar os anos, o meu fillo vai crecendo e coñézoo menos e menos. O meu espírito desmaia. A miña esperanza diminúe. Escoita os meus rogos, oe a miña oración. Perséguenme para botarme fóra. Ti permitíchesme chegar ata aquí e, por iso, douche grazas. Pero Señor, estou canso. Estou canso de ser perseguido. Estou canso de non ser recoñecido, Estou canso de ter medo, Estou canso de vivir nas sombras. Saca a miña alma da angustia, pola túa xustiza. Disipa o odio dos meus inimigos. Disipa a cegueira dos meus inimigos. Disipa a complicidade dos meus inimigos. Rescata os meus adversarios dos seus malentendidos, desconfianza e mala comunicación. Soamente pido que a túa xustiza se practique. No teu nome, Señor; así sexa. Amén
 

PREPARANDO A PAZ

De forma simbólica, a historia ficticia ‘Puk e o muro’ invita a camiñar cara a unha convivencia máis pacífica e comprometida a través da análise de situacións de violencia e inxustiza que impiden a construción dun mundo máis pacífico e xusto. Imaxinemos solucións para fomentar unha “cultura de paz” e soñemos que a PAZ é posible.
Preguntas para pensar: - ¿Que muros dividen os homes? - ¿Cales deses muros etán máis presentes no teu ambiente? - ¿Por que se crean muros? - ¿Que podemos facer para derrubalos? Vídeos e reflexión para a ESO sobre os diferentes muros que existen no noso mundo:

A VIAXE DE SAID

"A viaxe de Said" trata dun neno marroquí que cruza o Estreito esperando chegar ao "país das oportunidades" pero, en realidade, remata descubrindo que "o mundo non é tan belo como o contaran". O relato desta curtametraxe mostra a realidade dun neno africano que soña cun futuro mellor, un soño masivo que se reflicte en miles de africanos que desexen un benestar, pero que no transcurso desa busca cuxo destino é Europa moitos deixan a vida e algúns valores no camiño. Tamén serve para internarse nunha cultura diferente e o que motiva estes nenos e persoas a querer emigrar, como tamén para pensar como son tratados no noso país, somerxéndose no delicado tema da discriminación. PREGUNTAS PARA COMENTAR:
- Que é ser un inmigrante?
- Por que soña con emigrar Said?
- Como cruza Said o estreito? Coñecedes outras formas de cruzalo?
- Cando chega a España, que é o primeiro que ve?
- Said pensa que cando chegue a España todo será unha festa, "un mundo de cor... " "é a túa oportunidade... ", di a canción, credes que a realidade é así para os inmigrantes?
- Pouco a pouco decátase de que non todo é como el soñara, "Mira rapaz, eu sen papeis non te podo contratar, xógoma entendes? ... Cobras un pouquiño menos e se vén algún inspector escóndeste". Que vos parece isto que lle di o empresario?
- O seguinte paso de Said é a "PATEIRA ADVENTURE". Que hai dentro dese túnel do terror?
- Cando esperta do soño mentres pesca, que é o primeiro que mira?
- Que sentimentos che produce que haxa persoas da vosa idade que se xoguen a vida por vivir coma vós? Vergoña, satisfacción, alegría, tristura, decepción....
- Gustouvos a curtametraxe? E a técnica utilizada para facelo? Popr que?

FELIZ ANO 2012

O importante de facer balance, non é o resultado, é a mirada con que repasaches cada encontro, situación, persoa, desgusto, alegría, espera, frustración, ganancia... O importante de mirar non é ver, senón ver como Deus mira porque os seus ollos nos devolven outra lectura das cousas e das persoas... O importante de mirar como Deus mira é que nos fará aínda un pouquiño máis coma El e os nosos criterios de balance serán o evanxeo e non as miñas propias metas ou temores... O importante non é tanto o vivido no 2011 senón como o viviches, como deixaches que formase parte de ti... E sobre todo, como pode converterse en bo trampolín para iniciar o 2012, unha vez máis, sabendo que El vai sempre un pasiño por diante e nos espera. Chámanos a permanecer nel... Nada malo pode pasar. Feliz Ano