A FELICIDADE

A Coresma é un tempo de conversión. E no que seguramente todos queremos converternos é, dende logo, en persoas felices. A felicidade está constituída pola experiencia sostida de paz, alegría e amor.  Nacemos para ser felices. Aínda en medio das calamidades deste mundo imperfecto, debemos  intentar ser felices co que temos, tratando de loitar contra as inxusticias que afastan á humanidade da súa prezada felicidade.
Este é un tempo de conversión. Este é un tempo bo para converternos en persoas felices.
O LIBRO DA FELICIDADE

UNHA VISITA INESPERADA

Onte, 15 de marzo, os alumnos de Infantil e Primaria recibiron unha inesperada e grata sorpresa: a visita de Santa Luisa de Marillac. A fundadora das Fillas da Caridade recorreu as aulas do noso centro para compartir uns instantes cos alumnos e dedicarlles unhas palabras, animándoos a seguir o seu exemplo e o de San Vicente de Paúl na súa dedicación aos máis desfavorecidos e sendo amigos de Xesús. Ao rematar agasallounos a todos coa esperada piruleta e os alumnos despediron á Santa cantándolle "Luisa está pasando por aquí,Luisa está pasando por aquí..."
O vindeiro ano volveremos esperar con ilusión a visita de Santa Luisa de Marillac.

FOTOS DA VISITA DE SANTA LUISA AOS ALUMNOS DE INFANTIL

FOTOS DA VISITA DE SANTA LUISA AOS ALUMNOS DE PRIMARIA

FESTA DE SANTA LUISA DE MARILLAC

ACTIVIDADES 4º ESO:
- Visionado powerpoint: Santa Luisa. Vocación e misión
- Traballo sobre a súa figura:
         1. A sociedade do século XVII. Situación política, social, educativa e económica. Comparativa coa situación actual do s. XXI.
         2. Contribución de Santa Luisa á sociedade do seu tempo. Actitudes e aportacións para crear un mundo mellor
         3. Clasificar as súas actitudes e aportacións en diferentes aspectos: cultura, sociedade, educación, solidariedade, espiritualidade....
         4. Outras mulleres que destacaron nos diferentes campos de acción: Cultura, Arte, Literatura, Sociedade, Política, Educación, Solidariedade, Espiritualidade....
         5. Problemas da nosa sociedade hoxe. Respostas de Santa Luisa

Podes consultar, entre outras, as diferentes páxinas:
http://www.hijascaridad.org/
http://www.filles-de-la-charite.org/
http://hijascaridad.org/svicente/c_pastoral/anterior04/sluisa/index.htm

Despedida en tempo de Coresma

 

Hoxe é un día triste para a Comunidade das Fillas da Caridade, en especial para a de Marín. Pero tamén é día de esperanza. Sor Mª Josefa marchou co Pai neste tempo de Coresma para resucitar na súa Pascua con El.
A palabra Coresma non significa tristura, amargura,... é máis ben un tempo privilexiado, un período no que Deus nos invita a vivir con Él.
Para os crentes, ante a dor e a morte, sempre hai unha luz de esperanza e de consolo. E é porque nós cremos nun Deus que sufriu e morreu, pero sobre todo, cremos nun Deus que Resucitou, e que agora vive xunto a nós. Vive para animarnos a seguir o seu exemplo de amor e servizo aos demais.
E así é como viviu Sor Mª Josefa, dando exemplo a todos coa súa entrega e xenerosidade, vivindo e compartindo entre os pobres e dando sempre testemuño coa súa dedicación e o seu sorriso. Recordámola a ela e todas as Fillas da Caridade que pasaron pola nosa vida sendo exemplo e testemuñas de Cristo Resucitado.



UNHA EXPLICACIÓN PARA OS NENOS SOBRE A CORESMA

CORESMA 2011 E MÉRCORES DE CINZA.

REGRESAMOS!!!!

Despois de case dous meses de ausencia, o blog de Pastoral volve a poñerse en funcionamento e trtará de porse ao día coas novidades do centro e do mundo. Desculpade as molestias deste tempo. É poñer escusas, pero os motivos foron varios: case un mes sen banda ancha na casa, acumulación de traballo, falta de tempo... e moita preguiza, ese mal co que moitos loitamnos a diario e non sempre somos quen de combater. Pero hoxe, Mércores de Cinza, trataremos de vencer ese "demo" para renacer en esperanza...
A cinza que Deus quere....
que non te consideres dono de nada, senón humilde administrador;
que non presumas dos teus talentos, senón que os poñas ao servizo dos demais;
que non te creas santo porque santo e grande só é Deus;
que non te deprimas nin te acovardes, porque Deus está contigo;
que aprecies o valor das cousas sinxelas;
que non temas a dor ou a morte porque sempre é Pascua.